Bos días, dende o centro nos comunican que xa teñen datas para a celebración do DÍA DO DEPORTE NA RÚA.
Este curso, coma o pasado, farano en dous días, o día 10 de Abril na Praza de María Pita e o 12 de Abril na Torre.
Para isto, pídennos axuda, por un lado necesitan un furgón grande para transportar o material de ximnasia e, por outro lado, xente que os axude con dito material (falamos dende colchonetas ata picas…..)
Se alguén dispón de furgón, esté libre eses días e queira colaborar que nolo diga, ben por este medio, a través do teléfono ou do correo, e se pode ser que nolo confirme o antes posible porque senón temos que buscar outras opción. O mesmo ca xente que queira colaborar que polo que nos dixeron farían falta cinco persoas.
Esperamos a vosa colaboración
Un saúdo!