Estimadas familias,
Orla de 6º de EP e foto de 6ºEI e demáis cursos
O vindeiro xoves 11 de Abril imos facer as fotos para a ORLA dos nen@s que este ano rematan o colexio, é dicir, os nenos de 6º de E.P.; e a foto de grupo para os nenos que rematan a etapa infantil, é dicir, 6º de E.I..
Para isto, SÓ, os nenos de 6º de E.P. teñen que traer ese día un polo ou camisa branca xa que lles poremos corbata, toga e birrete para que saian todos iguais (doados como xa sabedes de anos atrás por “La Casita de Valeria”). Tamén, SÓ a eles, se lles dará a foto da ORLA enteira e a maiores teñen a opción de pedir a súa foto individual.
Os custos son:
– Orla de 6º E.P. para os SOCIOS: 6€ a primeira copia e foto individual do nen@ sin custo a primeira copia, as adicionais terán un custo de 2€ no caso das fotos individuais e 12€ no caso da orla.
– Orla de 6º E.P. para os NON SOCIOS: 15€ e foto individual do nen@ 2€.
– A foto de grupo de 6º E.I. para os SOCIOS: 4€ a primeira copia, non hai opción de individual e as copias adicionais terán un custo de 8€.
– A foto de grupo de 6º E.I. para os NON SOCIOS: 9€ non hai opción de individual.
– A foto de grupo dos restos dos cursos para os SOCIOS: 2€ a primeira copia e de 4€ as copias adicionais.
– A foto de grupo dos restos dos cursos para os NON SOCIOS: 4€.
Só se farán as encargadas e as pagadas ata o 3 de maio. Se alguén non quere que o seu fill@ saia na orla ou na foto, facérnolo saber deixando unha nota no buzón, mandándonos un correo electrónico (anpafaro@hotmail.com) ou chamando ó teléfono 698 16 77 33 antes do mércores 10 de Abril.
A Xunta directiva