Carta de presentación da nova ANPA

  logo anpa

 

 

 

 

 

A Coruña,  a 6 de Xuño de 2019

Estimadas Familias:

Como ben sabedes, o pasado 24 de Maio procedeuse, mediante proceso electoral á renovación da Xunta Directiva do ANPA do colexio CEIP VICTOR LOPEZ SEOANE ao que todos pertencedes. Tras a renovación da Xunta Directiva dirixímonos a vós co fin de representarvos e informarvos acerca do noso compromiso adquirido para convosco e o colexio.

A nova Xunta directiva estará composta por:

  • Presidenta: Mª José Caride Delgado (4º Inf./6ºInf,/3º Primaria)
  • Vicepresidente: Iván Brea Rodríguez (5º Inf./1º primaria)
  • Secretaria: Olalla Fernández García (5º Inf./1º primaria)
  • Tesorero: Jose Díaz Atienza (5º Inf./2º Primaria)
  • Vocales:
    • Sonia Pérez Rodríguez (5º Inf./2ºPrimaria)
    • Olalla Gómez Pombo (4º Inf./1º primaria)
    • Silvia Castro Ézara (2º y 4º de Primaria)
    • Santiago Mosquera Rodríguez (5º Inf./1ºPrimaria)
    • Isabel Fernández Concheiro (1º Primaria)
    • Natalia Silvestre Díaz (5º Inf. /2º Primaria)
    • Ana Dasilva Sánchez  (1º y 6º de Primaria)

Somos un grupo de pais e nais comprometidos coa educación dos nosos fillos e fillas en particular, e coa mellora da comunidade educativa en xeral. Temos que ser conscientes de que as familias somos un membro máis da comunidade educativa, xunto co alumnado  e o  profesorado. O noso interese ao formar o ANPA é sobre todo e en primeiro lugar a educación dos nosos fillos e fillas, en colaboración permanente cos profesorado e coa equipa directiva do Centro.

Aceptamos o reto de asumir a dirección da ANPA e podémosvos asegurar que é un proxecto ilusionante e marabilloso. Non hai nada mellor que traballar polo ben dos nosos fillos/as. Tamén somos conscientes que estes primeiros meses serán complicados, pero tentaremos compensar todas as limitacións que teñamos, coa axuda e implicación de todos e todas vos, e as gañas e ilusión desta nova Xunta Directiva. A participación é voluntaria, e por iso, animamos a todas as familias a asociarse, xa que cantas máis sexamos mellor será para os nosos fillos, para a Asociación e para o colexio.

Esta Xunta Directiva quere, que todas as persoas acheguen a súa opinión e ideas, para así poder mellorar a educación dos nosos fillos, que é o que realmente nos interesa. Para iso, podedes contactar connosco en calquera momento a través do noso telefono: 698.16.77.33, do correo electrónico: anpafaro@hotmail.com , e a través do blogue do ANPA aloxado na web do colexio. Ademais dispoñemos dunha caixa de correos de suxerencias situado na porta do local do ANPA, á que todas as familias  podédesvos achegar para transmitirnos as inquietudes e suxerencias que teñades.

Aproveitamos para indicarvos que o horario de atención presencial no local do ANPA situado na entrada do colexio durante este mes de Xuño será o seguinte: Mércores e Venres de 9:00 a 9: 30

Animámosvos a que vos asociedes para que poidades participar activamente na mellora da calidade educativa dos vosos fillos e fillas e do centro. A participación é voluntaria e a cota anual por familia para o curso 2019-2020 é de 23€, independentemente do número de fillos matriculados. Todas as familias que xa eran socias en cursos anteriores deberán volver a cumplimentar a solicitude de inscripción que adxúntase ó final para ser novo socio do ANPA. Para o abono da cuota tedes 2 opcións:

Ou o abono en man no local do ANPA no noso horario de atención a os socios (rogase importe exacto para evitar problemas de cambio) o ben TRASNFERENCIA BANCARIA ó siguiente nº de conta: ES87-0081-2189-1200-0108-5516. É preciso indicar no ordeante o nome do socio e enviar ó noso correo o xustificante do ingreso xunto coa solicitude de inscripción.

Coa ilusión e o traballo de todos e todas, seguro que podemos gozar aínda máis desta tarefa tan apaixonante de ser pais e nais.

Tamén queremos saudar nestas liñas á equipa directiva do centro, ca que sempre nos ofrecemos a colaborar na tarefa que se lles encomendou.

Un saúdo.

A Xunta Directiva

ÚNETE AO ANPA! FAITE SOCIO/A E AXÚDANOS A MELLORAR!

solicitud (2)solicitud alta socios

 

5 opiniones sobre “Carta de presentación da nova ANPA”

  1. Enhorabuena! Ya solo en la presentación incluís una mejora muuuuy esperada y solicitada, como poder hacer un pago mediante transferencia bancaria. Muchos ánimos!! Seguro que lo vais a hacer genial 👏🏻👏🏻

  2. ¡Mucha suerte a todos y mucho ánimo! Opino igual, genial volvéis a poner el ingreso en cuenta como teníamos hace años. ¡Que bien!

    1. Gracias Rebeca, moitas gracias polo apoio. Lembrade que é transferencia, porque o Banco pode cobrarvos intereses se fecedes ingreso en efectivo….. Saudos.

  3. Estamos um bando de voluntários e abertura um novo
    esquema em nossa comunidade. Seu site fornecido nos com valioso
    informação para trabalhar em. Tens realizada um formidável tarefa e nosso toda bairro será grato para você.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.