NOTA DE AGRADECEMENTO

logo anpa

Bos días a todos /a

Unha vez rematado o Curso Escolar 2018/2019 e finalizada a festa de fin de curso, só nos queda dicirvos una soa cousa:

GRAZAS

GRAZAS polo voso acollemento, GRAZAS pola vosa asistencia á festa, sen ela no tería sido posible realizala; GRAZAS pola vosa axuda e participación, tanto na organización como na posterior limpeza e recollida das instalación; GRAZAS polas vosas mensaxes de felicitacións e ánimo, tentaremos seguir traballando polo ben común dos nosos nenos e nenas, en definitiva… MOITAS GRAZAS.

Queremos agradecer especialmente:

  • Á dirección do centro, por permitirnos un ano mais utilizar as instalacións do colexio e o préstamo do material para a celebración da festa
  • Ao conserxe, Juan, pola súa colaboración e paciencia, agardando ata o final a que rematásemos a limpeza.
  • A todas as familias que doaron o seu tempo e o seu saber facer culinario, aportando a súa axuda na organización, traendo a súa aportación para a merenda das nenas e nenos, etc.
  • A JARDANAY, pola súa aportación de froita para a merenda.
  • EVE, monitora de Zumba, que nos fixo mover e suar a todos e todas nesa marabillosa tarde.
  • A MUNDOCIO, por traernos as súas propostas de xogos, inchables e, como non a tan esperada festa da espuma
  • A ENKI, pola súa doazón de agasallos para as nenas e nenos que participaron na xincana.
  • A Raquel, polo seu tesón por facer unha festa participada e as súas ideas, sen elas, o resultado non sería o mesmo.

So esperamos que fose todo do voso agrado.

Deixámosvos o link a un vídeo, no que podedes ver un resumo da festa. Esperamos sexa un bo recordo!

https://www.dropbox.com/s/401othz5dt6kncc/festa%20fin%20de%20curso%20anpa%20faro.mp4?dl=0&m=

 

MOITAS GRAZAS E FELIZ VERAN!

 

A XUNTA DIRECTIVA

 

Un comentario en “NOTA DE AGRADECEMENTO”

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

A %d blogueros les gusta esto: