Hoxe aínda estades a tempo de apuntar os nenos ás clases de Debuxo e Pintura impartidas por Raul Alvarez, se queredes que comecen este luns 7. A partir de mañá deberedes esperar ó seguinte plazo de inscripción, que será xa para comezar en novembro.
Raúl é un coñecido artista, e ten o seu estudio no noso barrio. Podedes ver máis sobre o seu traballo na ligazón https://www.raulalvarezpintura.com/
Temos a sorte de contar con él neste curso, así que non deixedes pasar esta oportunidade (Atención: sólo altas desde o Formulario web ).
Se aínda non consultáchedes a ficha da actividade, podedes ver aquí unha breve descripción da mesma:
“Neste taller buscamos que os nenos poidan descubrir e expresar as súas capacidades.
Aprenderán diferentes aspectos como composición, perspectiva e cor. Utilizarán diferentes materiais e técnicas, respectando e estimulando as posibilidades expresivas de cada un.
Traballarase en 3 bloques divididos nos tres trimestres escolares:
1- Lapis e rotuladores.
2- Pintura: acuarela, temperas, pastel…
3- Modelaxe: Plastilina e pasta de modelaxe.
Todos os materiais están incluidos, excepto un mandilón ou camiseta vellos e un block de debuxo que deberán traer os alumnos.”
Un saúdo.