COMEZO DOS OBRADOIROS FAMILIARES DE IGUALDADE

logo anpa

Estimadas familias,

Queremos presentarvos este proxecto chamado ANPA Faro; fomentando a coeducación e o bo trato como claves para unha vida sen violencia, que levaremos acabo durante os meses de Outubro e Novembro, grazas a unha subvención que foi concedida pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia.

Como Asociación de Nais e Pais, quixemos aproveitar a oportunidade que nos abría esta subvención para presentar unha iniciativa que nos achegara ás familias recursos relacionados coa educación dos nosos nenos e nenas, presentando unha proposta que tivera como temática a coeducación e a igualdade entre homes e mulleres.

Comezamos esta semana co proxecto, concretamente o Venres día 18 de Outubro, Os nenos e nenas de 1º de primaria realizarán un obradoiro con educadoras especializadas, no que traballaran sobre os estereotipos de xénero e como estes se reforzan no xogo, no uso de xoguetes e no uso do patio escolar nos recreos. Esta actividade levarase a cabo en horario lectivo. Dende aquí, queremos agradecer a Equipa Directiva e ao profesorado titor de 1º A e B, por acoller tan ben a iniciativa.

Será a partir do Venres 25 de Outubro, cando se desenvolvan as actividades destinadas ás familias, ás que estades todas e todos convidados!!!

O Venres día 25 de Outubro de 16.00 a 18:00 horas na biblioteca do colexio. Teremos o primeiro obradoiro titulado “Coeducando no xogo e no tempo libre”. Un obradoiro pensado para favorecer o debate e a reflexión sobre a perpetuación dos roles e estereotipos de xénero no lúdi­co, e a importancia de que o xogo e os xoguetes sexan libres de marcas de xénero, favorecendo espazos coeducativos e divertidos. Este obradoiro reforzará os contidos traballados co alumnado nas familias, para que así, as actividades realizadas cos nenos e nenas teñan mais impacto.

Para facilitar a vosa asistencia, temos contratado servizo de ludoteca, deixamovos un enlace para que vos inscribades ( é necesario facelo para facer uso da mesma) para poder prever o número de nenos e nenas e contratar o número axeitado de monitoras/es. Hai que facelo antes do próximo xoves día 23 de outubro.

Este é o enlace onde podedes anotarvos:

https://forms.gle/CJQUgPQXmdDjfiEx8

O venres día 8 de novembro de 16.00 a 18:00 horas na biblioteca do colexio, teremos o segundo obradoiro titulado “Novas Masculinidades”. Neste obradoiro aborda­remos a influencia do xénero nas relacións de todo tipo e no desenvolve­mento persoal, facendo especial fincapé no achegamento ás novas masculinidades.

Dúas semanas antes abriremos tamén o enlace para o servizo de ludoteca, para facilitar a asistencia as familias.

O venres día 22 de novembro de 16:00 a 18:00 horas no patio do cole teremos unha actividade lúdica “Xinkana pola igualdade para as familias”. Será a actividades de peche do proxecto e consistirá nunha sesión conxunta dirixida a familias e crianzas, fa­vorecendo un espazo interxeneracional de convivencia, diversión e apren­dizaxe.

Para esa actividade será necesario inscrición previa, a segunda semana de novembro, enviaremos un recordatorio da actividade e o enlace para poder inscribirvos.

Esperamos que o programa presentado sexa do voso interese e invitámosvos a participar de tódalas as actividades. Deixámosvos os cartaces por se queredes compartilos e así axudarnos a darlle difusión ao proxecto “ANPA Faro; fomentando a coeducación e o bo trato como claves para unha vida sen violencia”.

 Saúdos –

A Directiva-

OBRADOIRO COEDUCANDO

 

OBRADOIRO NOVAS MASCULINIDADES

 

XINKANA

2 opiniones sobre “COMEZO DOS OBRADOIROS FAMILIARES DE IGUALDADE”

  1. Boas tardes.Ademais da inscripción na ludoteca para os nen@s, ¿onde temos que inscribirnos as nais/pais para poder acudir ós obradoiros?.

    El mar., 15 oct. 2019 22:42, ANPA Faro escribió:

    > ANPA Faro posted: ” Estimadas familias, Queremos presentarvos este > proxecto chamado “ANPA Faro; fomentando a coeducación e o bo trato como > claves para unha vida sen violencia”, que levaremos acabo durante os meses > de Outubro e Novembro, grazas a unha subvención que foi conc” >

    1. Boas tardes, para os asistentes ó obradoiro non é preciso inscripción. Só para o servizo de ludoteca, para poder facer estimación dos monitores necesarios. Saudos.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

A %d blogueros les gusta esto: