XINCANA POLA IGUALDADE PARA AS FAMILIAS. 22 DE NOVEMBRO.

Bo inicio de semana familias!!!

Esta semana temos o último obradoiro do proxecto ANPA Faro; fomentando a coeducación e o bo trato como claves para unha vida sen violencia.

O venres 22 de novembro remataremos con un obradoiro para realizar en familia, unha Xincana pola igualdade para as familias.

Será unha actividade lúdica educativa a realizar conxuntamente polas nais e pais, fillos e fillas, co fin último de pasar un rato en familia e sensibilizar na práctica de actuacións coeducativas, realizar actividades evitando a discriminación de xénero, favorecendo relacións de respecto e contribuír ao enriquecemento das capacidades e habilidades, erradicando a visión tradicional de “xogos para nenos”, “xogos para nenas“.

Realizarase, a partir das 16:15 da tarde no pavillón do colexio e rematará sobre as 17:45.

Necesitamos que:

  • Traiades roupa cómoda

  • Gañas de pasalo ben

  • E como necesitamos saber cantas persoas seremos, que vos inscribades no seguinte enlace. De cada familia poderán participar un máximo de 5 persoas, é imprescindible que os nenos e nenas veñan acompañados/as de un adulto, así que o mínimo para participar será de unha persoa adulta e un neno/a (idade mínimo do neno/a 3 anos ou 2, se xa está cursando 4º de E.I.

  • Aquí está o enlace: Xincana . O enlace estará activo ata o xoves día 21 de novembro ás 15:30 horas.

Animarvos a todas as familias a xogar este venres día 22 de novembro no pavillón do colexio!!!

Vémonos o venres!!!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.