XUNTANZA EXTRAORDINARIA PARA AS FAMILIAS USUARIAS DE MADRUGADORES E COMEDOR

logo anpa

Estimadas familias,

Despois de uns meses de traballo por parte da ANPA para intentar mellorar e regular o servizo de comedor (tanto instalacións coma sistemática do mesmo) temos detectadas certas debilidades que só entre todas e todos poderemos solucionar e mellorar.
Debemos darlle a este espazo a importancia que se merece, xa que é parte fundamental na educación e sobre todo no benestar das nosas nenas e nenos.

Por iso, queremos convocarvos a unha XUNTANZA EXTRAORDINARIA PARA AS FAMILIAS USUARIAS DE MADRUGADORES E COMEDOR.
DIA: sábado, 14 de decembro de 2019 LUGAR: Centro Cívico de Monte Alto, na aula 1 situada no 2º andar.as 11:00h
O número de usuarios/as de comedor neste curso 2019/2020 é de 185. Este número obríganos como xestores do servizo a ter que regular a utilización do mesmo para un bo funcionamento. Polo que queremos socializar con vos o regulamento de réxime interno que temos elaborado para que: por unha banda o coñezades e por outra banda aportedes ao mesmo. Este documento terá que levarse a asemblea para ser aprobado e despois ao Consello Escolar.

Os puntos claves da reunión serán:

  • Normativa para o uso do servizo por parte das familias
  • Espazo do comedor
  • Convivencia positiva dos nenos e nenas durante o uso do servizo

Temos reservada outra aula para servizo de concilia, o servizo estará atendido por nais/pais da ANPA.

Agardamos contar coa vosa presenza, un cordial saúdo.

A Directiva ANPA FARO.

4 opiniones sobre “XUNTANZA EXTRAORDINARIA PARA AS FAMILIAS USUARIAS DE MADRUGADORES E COMEDOR”

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.