NOVO OBRADOIRO COAS FAMILIAS

logo anpa

Estimadas familias,

Neste 2º trimestre retomamos a Escola de Familias, esta vez grazas ao Concello de A Coruña, a través do Programa Municipal de prevención en adiccións.

Concretamente no noso centro levaremos a cabo o obradoiro “Como protexer aos menores na rede”.

Os nenos, nenas e adolescentes son colectivos especialmente vulnerables no que respecta á seguridade na internet. Non só porque algúns dos contidos que circulan pola rede poidan ser inadecuados para eles e elas, senón porque as redes sociais permítenlles compartir información persoal que é necesario revelar de forma selectiva e con precaución.
Os contidos que se traballaran nestes obradoiros serán:
1.- Redes: están para quedarse! Que vas facer? Público/privado.
2.- Nais e pais: camiñando polas redes… que imos levar na mochila?
• Por onde anda o meu fillo/a na rede? imaxes, redes sociais…Teño que preocuparme? Cando?
– Identidade na rede
– Acoso e ciberacoso
• Seguridade online -seguridade offline: que podo facer? son parte da solución!
• Outros: controis parentais

O obradoiro levarase a cabo en dúas sesións de 90 minutos cada unha e nas seguinte datas.

14 de febreiro de 16:00 a 17:30 horas
6 de marzo de 16:00 a 17:30 horas
O lugar: biblioteca do colexio

Nun principio, o obradoiro está dirixido as familias do alumando de 5º e 6º de primaria, xa que son nestas idades, cando comezan a estar mais expostos a rede. Hai 30 prazas, e teredes que inscribirvos neste enlace antes do mércores día 12 de febreiro.

FORMULARIO DE ALTA

Se quedan prazas dispoñibles, abriremos o xoves día 13 de novo o enlace para que se inscriban o resto de familias interesadas. Animámosvos a participar!!!
Saúdos cordiais

A Directiva da ANPA

Un comentario en “NOVO OBRADOIRO COAS FAMILIAS”

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.