Boas noites a todos,
O pasado luns 27 de xaneiro houbo reunión do Consello Escolar. Os puntos do día a tratar foron os seguintes:
1. Lectura e aprobación do acta anterior, se procede. Procédese á lectura da acta anterior coa posterior aprobación de todos os presentes.
2. Aprobación, se procede, das contas xustificativas dos gastos de funcionamiento correspondentes ao ano 2019. Previa reunión da comisión económica, procédese a informar ó Consello das contas xustificativas. Explícase o desglose dos ingresos e gastos do centro referentes ó 2019.
3. Rogos e preguntas. En rogos e preguntas tratáronse varios temas. O primeiro deles foi o do ascensor. Explicamos que este é un tema urxente, que nos preocupa a todas as familias, e mais neste momento cando hai casos de movilidade reducida no noso centro. O ascensor lévase pedindo moito tempo así que pensamos que xa non se pode pospoñer mais. A resposta da equipa directiva foi que xa enviaran a solicitude do ascensor ó xefe territorial, que entenden a petición, e que neste momento están a espera da resposta. Así que estaremos pendentes do que responda o xefe territorial e en canto saibamos algo volo diremos.
Falamos tamén da falta de papel hixiénico no pavillón. Queixámonos ó centro en mais dunha ocasión porque detectamos a súa ausencia. Non é un tema que nos guste levar ó Consello, pero tampouco nos agrada que os nenos de comedor e actividades sufran este inconveniente.
Outro punto que plantexamos foi o da recollida dos nenos a mediodía, cando hai temporal. Trasladamos o malestar por parte das familias, que teñen que esperar á intemperie cos pequenos ata que saian os seus irmáns maiores. A alternativa proposta para estes días puntuais de fortes temporais é que as titoras de infantil esperen cos nenos, mentres non saen os irmáns de primaria.
Outro tema de interese para todos nós é o relativo a vixilancia do recreo, por iso lle pedimos ó centro que nos explicara a súa dinámica. Os ratios son de un profesor por 25 en infantil e de un cada 50 en primaria.
O patio está dividido en varias zonas. A zona amarela é a destinada para infantil, tendo en total 6 profesores. As zonas restantes son as do alumnado de primaria, zona verde mais azul, con 4 profesores, zona laranxa con un profesor, mais a biblioteca, con outro profesor. Recalcan que sempre se cumplen os ratios.
Un saudo.
A Directiva da ANPA.