ESTA SEMANA, NA HORTA DO COLE….

logo anpa

……dimos unha segunda vida a unhas caixas de ovos que convertimos en sementeiros de tomate, pemento e perexil. Levámolos ás nosas casas para coidalas e devolvelas unha vez xerminaron, para transplantalas á nosa horta.

1

Fabricamos en equipo un tipi para que os chícharos que plantamos poidan trepar por el. E plantamos tamén tirabeques!!

2

A nosa composteira precisa os nosos coidados. Encargámonos de remexer a conciencia os restos orgánicos para que non se apelmacen e poida entrar o aire para que se descompoñan.
3

Colaboramos entre todas,  grandes e pequenas, para proporcionar ás plantas da nosa horta os coidados que precisan; rego, abono…
A rapazada da horta contamos aos compañeiros e compañeiras todo o que facemos nela e a ilusión coa que traballamos a terra, e lles pedimos que nos axuden a mantela coidada. Por si alguén se despista e sen querer pisa as plantas, decidimos delimitar o espacio da horta cunha cinta. Así as nosas plantiñas poderán crecer máis tranquilas!
4

A semana que ven voltamos con máis novidades.

Vémonos no patio!

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

A %d blogueros les gusta esto: