Boas tardes.
O Concello da Coruña avisa á cidadanía dos cambios nos servizos de Benestar Social nestes días, debido ao coronavirus. É moi importante que sigades as instruccións e que as fagades chegar á xente que non está conectada a Internet.
BOLSAS DE COMEDORES ESCOLARES
-Facilitarase o menú para recoller e levar ao domicilio e todas as familias que necesiten o servizo para os menores bolseiros, remitirán un correo electrónico ao seu centro cívico de referencia:
easelvina@coruna.es
easmallos@coruna.es
eassandiego@coruna.es
easlabanou@coruna.es
easmontealto@coruna.es
COLEXIOS PÚBLICOS
Toda a rede de centros públicos excepto os IES de Adormideras, Zalaeta e Menéndez Pidal por imposibilidade da empresa para realizar o servizo. Os centros escolares abriranse para a repartición de menús de 13:00 a 14:00 horas.
COLEXIOS CONCERTADOS
Proporcionarán o servizo os seguintes centros:
-Grande Obra de Atocha-Compañía de María-Hogar Santa Margarita-Liceo A Paz
Pendente de concretar o horario de repartición.
ACLARACION:
O alumnado bolseiro que non dispoña de comedor no seu centro escolar, pode facer igual a solicitude e trataremos de remitilo a un centro próximo. Por ese motivo é importante dispoñer de toda a información o luns, por tema de loxística.
Un saudo
A Directiva da ANPA.