CRITERIOS DE ACESO AO COMEDOR 2020-21

Estimadas familias,

En primeiro lugar, esperamos que esteades ben, vos e os vosos seres queridos. Como sabedes, se inicia un curso escolar complexo marcado pola aplicación dos diferentes protocolos de seguridade e hixiene para previr a COVID-19. Estes protocolos tamén afectan aos servizos de madrugadores e comedor, especialmente na distancia de seguridade que se debe manter entre todos os nenos e nenas, así, como nas medidas de limpeza e desinfección dos espazos (por exemplo, entre quendas de comedor) e a distribución das zonas de xogo.

Unha consecuencia importante da aplicación de estes protocolos e a redución do aforo dos espazos con relación á capacidade que solemos ter en circunstancias normais. É dicir, van caber menos nenos e nenas no espazo destinado a comedor. Esta ANPA, viuse na obriga de tomar decisións, decisións complexas  que tivemos que tomar durante esta época estival.

Gustaríanos remarcar que, decidimos manter a xestión dos servizos de madrugadores e comedor, seguramente saberedes pola prensa que non todas as ANPAS estamos traballando do mesmo xeito (por exemplo na provincia de Pontevedra, non xestionaran estes servizos para o curso 2020/2021), pero a ANPA Faro tomou a decisión de seguir ofertando os servizos pero acatando o protocolo, o que implica que o número de usuarios/as de comedor ten que reducirse en case un 50%.

É por isto que a directiva da ANPA en diversas reunións con debates intensos,  decidimos uns criterios de acceso a aplicar no caso no  que haxa mais solicitudes que espazo dispoñible.

Criterios de acceso ao comedor (por orde):

  1. Estar ao día de pagos coa ANPA e con Jardanay para que a inscrición sexa válida
  2. Necesidade de conciliación: que ambos  titores traballen en horario que imposibilite a atención ao mediodía aos nenos e/ou nenas ou un no caso de familias monoparentais. Marcarase unha casa na inscrición online cunha declaración responsable e a ANPA poderá requirir os certificados correspondentes de ser necesario.
  3. Letras de prioridade no procedemento de admisión ao curso 2020-21 sorteadas pola Xunta de Galicia e publicadas na Resolución do 26 de febreiro de 2020 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos: “As letras de prioridade que afectan ao primeiro apelido son as letras ” T” e ” G”; así mesmo, afectan ao segundo apelido as letras “E” e “X”.

Por todo o anterior exposto, vémonos tamén na obriga de non ofertar durante este curso o servizo de uso do comedor de esporádicos, xa que non haberá espazo físico para este servizo. Jardanay e a ANPA estamos a traballar para minimizar o impacto nas familias e propoñer alternativas, como é Jardanay en casa (un menú para levar).Seguiremos en contacto e traballando para dar un servizo de calidade e seguro para todos e todas.

Recordade que o acceso ao uso do comedor estará limitado exclusivamente ás nenas e nenos que estean correctamente inscritos. Non haberá excepcións como outros anos, xa que a limitación de aforo que indica a norma é clara e se fai pola seguridade das persoas usuarias e traballadoras do servizo.

AVISO A BECADOS

Este ano Jardanay non vai financiar o comedor durante a tramitación das becas como fixo o ano pasado. E decir, que si o Concello tarda en resolver as becas comedor, os solicitantes terán que pagar polos servizos ata que non se resolvan. No caso de que finalmente foran beneficiarios da beca, devolveriaselles os importes pagados. 

Lembrade: O prazo de incripción comenza hoxe e rematara o día 4 de Setembro.

Deixámovos un diptico de Jardanay coas novidades de este curso e mais coa explicación do proceso de alta no servizo e a guía para pais e nais:

Boas noites a todos/as

A Directiva da ANPA

APERTURA FORMULARIO INSCRIPCION SOCIOS 2020/2021

Boas tardes,

Comunicámosvos a apertura do formulario para darse de alta como socios/as para o vindeiro curso 2020/2021.

O enlace e o seguinte:

https://forms.gle/Yczo2994ZCAMeWVG6

, pero tédelo no lateral do blogue.

O n⁰ de conta e o de sempre:

ES87-0081-2189-1200-0108-5516

e a cuota non variou:23€

Animádevos a facervos socios. Este ano vai ser complicado e vai ser necesaria a axuda de todos para sobrelevalo o mellor posible.

Agardámosvos.

Un saudo

A Directiva da ANPA

SERVIZO COMEDOR E MADRUGADORES 2020/21

logo anpa

Estimadas familias:

Esperamos que esteades a disfrutar do verán, xa que é o que toca.

Nos, dadas as circunstancias xeradas pola COVID19 seguimos a traballar para poder atopar solucións aos problemas que xurdiron desta situación.

Como xunta directiva vémonos na situación desagradable de ter que comunicarvos que dado o protocolo antiCovid plantexado pola Xunta de Galicia para os comedores escolares, estamos na obriga de reducir prazas de comedor pola limitación no espazo (un feito xa denunciado no pasado ano polo aumento de usuari@s pero que agora, é por imperativo legal).

A situación de prazas é a seguinte; unha vez colocado o mobiliario para manter a separación coas medidas que di o protocolo da Xunta, temos o seguinte aforo:
– 16 prazas para infantil
– 22 prazas para primaria

Nos últimos anos, xa viñamos realizando dúas quendas para xantar, mais este ano ante tal redución de prazas, vimos necesario ter unha terceira quenda. Neste sentido agradecemos a colaboración da equipa directiva do colexio, que aceptou reorganizar os horarios das clases para facilitar esta nova quenda co menor impacto nos pequenos e pequenas.

Isto quere dicir que sumando prazas de infantil e primaria nas tres quendas temos un total de 114 prazas.

A falta de solucións aportadas pola administración ante esta circunstancia ponnos na obriga de tomar as rendas do problema e plantexar as solucións que temos na nosa man pero que necesitan a colaboración de todas as familias.

Estas medidas requiren dun esforzo persoal polo ben común e tendo en conta que os servizos de madrugadores como de comedor son servizos de conciliación:

1.- Pedimos responsabilidade á hora de solicitar estes servizos, xa que ao estar tan limitadas as prazas deberían ser utilizadas por quen o necesite realmente.

2.- Estamos a elaborar un sistema de acceso a praza de comedor o mais xusto posible, e solicitamos a vosa comprensión e empatía á hora de executalo, xa que é un tema complexo á hora de levalo a cabo.

3.- Queremos transmitirvos tamén a importancia de facervos socias e socios da ANPA neste curso en concreto, isto vai a ser imprescindible á hora de ter recursos para a consecución das nosas propostas, xa que tódolos recursos dos que poidamos dispoñer van ser poucos .

Como ben sabedes abrimos a posibilidade da doazón de cheques comedor para posibles melloras do mesmo. Xa son varias as familias que fixeron dita doazón e dende a directiva queremos agradecer encarecidamente o seu xesto, que vai permitirnos asumir certas melloras para todas as nenas e nenos que usan o servizo.

Comentar tamén sobre este tema que as familias que teñan cheque comedor pendente de recollida poderán pasar a buscalo cando o centro educativo volva a estar aberto. No caso de querer doalo, podedes enviarnos un email a anpafaro@hotmail.com indicando o nome do neno usuario de comedor, e responderemos cos pasos a seguir.
Agora mesmo levamos doazóns destes cheques por valor de 654,15 €.

Queremos comentarvos tamén que nos vindeiros días abriremos o prazo para facerse socio/a da Anpa (requisito imprescindible para poder solicitar os servizos de madrugadores, comedor e extraescolares), que este ano, será todo de xeito telemático.

O 4 de agosto hai asemblea da federación de ANPAS, e comunicarémosvos tamén os acordos alí tomados.

Grazas pola vosa comprensión e a vosa atención.

Bo verán!!!!

A Directiva da ANPA