SERVIZO COMEDOR E MADRUGADORES 2020/21

logo anpa

Estimadas familias:

Esperamos que esteades a disfrutar do verán, xa que é o que toca.

Nos, dadas as circunstancias xeradas pola COVID19 seguimos a traballar para poder atopar solucións aos problemas que xurdiron desta situación.

Como xunta directiva vémonos na situación desagradable de ter que comunicarvos que dado o protocolo antiCovid plantexado pola Xunta de Galicia para os comedores escolares, estamos na obriga de reducir prazas de comedor pola limitación no espazo (un feito xa denunciado no pasado ano polo aumento de usuari@s pero que agora, é por imperativo legal).

A situación de prazas é a seguinte; unha vez colocado o mobiliario para manter a separación coas medidas que di o protocolo da Xunta, temos o seguinte aforo:
– 16 prazas para infantil
– 22 prazas para primaria

Nos últimos anos, xa viñamos realizando dúas quendas para xantar, mais este ano ante tal redución de prazas, vimos necesario ter unha terceira quenda. Neste sentido agradecemos a colaboración da equipa directiva do colexio, que aceptou reorganizar os horarios das clases para facilitar esta nova quenda co menor impacto nos pequenos e pequenas.

Isto quere dicir que sumando prazas de infantil e primaria nas tres quendas temos un total de 114 prazas.

A falta de solucións aportadas pola administración ante esta circunstancia ponnos na obriga de tomar as rendas do problema e plantexar as solucións que temos na nosa man pero que necesitan a colaboración de todas as familias.

Estas medidas requiren dun esforzo persoal polo ben común e tendo en conta que os servizos de madrugadores como de comedor son servizos de conciliación:

1.- Pedimos responsabilidade á hora de solicitar estes servizos, xa que ao estar tan limitadas as prazas deberían ser utilizadas por quen o necesite realmente.

2.- Estamos a elaborar un sistema de acceso a praza de comedor o mais xusto posible, e solicitamos a vosa comprensión e empatía á hora de executalo, xa que é un tema complexo á hora de levalo a cabo.

3.- Queremos transmitirvos tamén a importancia de facervos socias e socios da ANPA neste curso en concreto, isto vai a ser imprescindible á hora de ter recursos para a consecución das nosas propostas, xa que tódolos recursos dos que poidamos dispoñer van ser poucos .

Como ben sabedes abrimos a posibilidade da doazón de cheques comedor para posibles melloras do mesmo. Xa son varias as familias que fixeron dita doazón e dende a directiva queremos agradecer encarecidamente o seu xesto, que vai permitirnos asumir certas melloras para todas as nenas e nenos que usan o servizo.

Comentar tamén sobre este tema que as familias que teñan cheque comedor pendente de recollida poderán pasar a buscalo cando o centro educativo volva a estar aberto. No caso de querer doalo, podedes enviarnos un email a anpafaro@hotmail.com indicando o nome do neno usuario de comedor, e responderemos cos pasos a seguir.
Agora mesmo levamos doazóns destes cheques por valor de 654,15 €.

Queremos comentarvos tamén que nos vindeiros días abriremos o prazo para facerse socio/a da Anpa (requisito imprescindible para poder solicitar os servizos de madrugadores, comedor e extraescolares), que este ano, será todo de xeito telemático.

O 4 de agosto hai asemblea da federación de ANPAS, e comunicarémosvos tamén os acordos alí tomados.

Grazas pola vosa comprensión e a vosa atención.

Bo verán!!!!

A Directiva da ANPA

5 opiniones sobre “SERVIZO COMEDOR E MADRUGADORES 2020/21”

  1. Bo día, Grasas pola información. Seguiremos pendentes das cosas noticias. Como suxerencia respecto o tema de comedor, nalgun otro cole están planteando a posibilidade de que, al menos en infantil, se habiliten espazos más propias aulas para comer. Non seis se desde o centro de valorou esta posibilidade o se pide ser viable, so o comento a modo de suxerencia e por aportar algunha idea ante esta situación tan compleja. Saúdos e moito ánimo!

    Esther

    El dom., 2 ago. 2020 10:34, ANPA FARO escribió:

    > ANPA Faro posted: ” Estimadas familias: Esperamos que esteades a disfrutar > do verán, xa que é o que toca. Nos, dadas as circunstancias xeradas pola > COVID19 seguimos a traballar para poder atopar solucións aos problemas que > xurdiron desta situación. Como xunta directiva vémo” >

    1. Hola, Esther. Efectivamente foi unha posibilidade que valoramos, en concreto para primeiro ano de infantil, que son as aulas que están na planta baixa. Con todo, non foi permitido pola Consellería. Gracias de todos modos pola túa proposta.

  2. Bos días. Soy Santiago Molina Álvarez, pai de Carla Molina Lojo, alumna que pasa a cuarto de primaria Neste curso 2020 /2021, y en beneficio dos peques dono o cheque comedor para tales arransos. Un saludo.

  3. Buenos días!

    Querría hacer donación del cheque comedor correspondiente a Jose Luis y a Valentina Costoyas Ron.
    Dado que no puedo acercarme al colegio, ruego me indiquéis como debo hacer o si con este mail es suficiente.

    Muchas gracias por vuestro trabajo!

    Un abrazo

    Olaia Ron

    Enviado desde mi iPhone

    El 2 ago 2020, a las 10:34, ANPA FARO escribió:

    
    ANPA Faro posted: ” Estimadas familias: Esperamos que esteades a disfrutar do verán, xa que é o que toca. Nos, dadas as circunstancias xeradas pola COVID19 seguimos a traballar para poder atopar solucións aos problemas que xurdiron desta situación. Como xunta directiva vémo”

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.