
Estimadas familias,
En primeiro lugar, esperamos que esteades ben, vos e os vosos seres queridos. Como sabedes, se inicia un curso escolar complexo marcado pola aplicación dos diferentes protocolos de seguridade e hixiene para previr a COVID-19. Estes protocolos tamén afectan aos servizos de madrugadores e comedor, especialmente na distancia de seguridade que se debe manter entre todos os nenos e nenas, así, como nas medidas de limpeza e desinfección dos espazos (por exemplo, entre quendas de comedor) e a distribución das zonas de xogo.
Unha consecuencia importante da aplicación de estes protocolos e a redución do aforo dos espazos con relación á capacidade que solemos ter en circunstancias normais. É dicir, van caber menos nenos e nenas no espazo destinado a comedor. Esta ANPA, viuse na obriga de tomar decisións, decisións complexas que tivemos que tomar durante esta época estival.
Gustaríanos remarcar que, decidimos manter a xestión dos servizos de madrugadores e comedor, seguramente saberedes pola prensa que non todas as ANPAS estamos traballando do mesmo xeito (por exemplo na provincia de Pontevedra, non xestionaran estes servizos para o curso 2020/2021), pero a ANPA Faro tomou a decisión de seguir ofertando os servizos pero acatando o protocolo, o que implica que o número de usuarios/as de comedor ten que reducirse en case un 50%.
É por isto que a directiva da ANPA en diversas reunións con debates intensos, decidimos uns criterios de acceso a aplicar no caso no que haxa mais solicitudes que espazo dispoñible.
Criterios de acceso ao comedor (por orde):
- Estar ao día de pagos coa ANPA e con Jardanay para que a inscrición sexa válida
- Necesidade de conciliación: que ambos titores traballen en horario que imposibilite a atención ao mediodía aos nenos e/ou nenas ou un no caso de familias monoparentais. Marcarase unha casa na inscrición online cunha declaración responsable e a ANPA poderá requirir os certificados correspondentes de ser necesario.
- Letras de prioridade no procedemento de admisión ao curso 2020-21 sorteadas pola Xunta de Galicia e publicadas na Resolución do 26 de febreiro de 2020 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos: “As letras de prioridade que afectan ao primeiro apelido son as letras ” T” e ” G”; así mesmo, afectan ao segundo apelido as letras “E” e “X”.
Por todo o anterior exposto, vémonos tamén na obriga de non ofertar durante este curso o servizo de uso do comedor de esporádicos, xa que non haberá espazo físico para este servizo. Jardanay e a ANPA estamos a traballar para minimizar o impacto nas familias e propoñer alternativas, como é Jardanay en casa (un menú para levar).Seguiremos en contacto e traballando para dar un servizo de calidade e seguro para todos e todas.
Recordade que o acceso ao uso do comedor estará limitado exclusivamente ás nenas e nenos que estean correctamente inscritos. Non haberá excepcións como outros anos, xa que a limitación de aforo que indica a norma é clara e se fai pola seguridade das persoas usuarias e traballadoras do servizo.
AVISO A BECADOS
Este ano Jardanay non vai financiar o comedor durante a tramitación das becas como fixo o ano pasado. E decir, que si o Concello tarda en resolver as becas comedor, os solicitantes terán que pagar polos servizos ata que non se resolvan. No caso de que finalmente foran beneficiarios da beca, devolveriaselles os importes pagados.
Lembrade: O prazo de incripción comenza hoxe e rematara o día 4 de Setembro.
Deixámovos un diptico de Jardanay coas novidades de este curso e mais coa explicación do proceso de alta no servizo e a guía para pais e nais:
Boas noites a todos/as
A Directiva da ANPA
Bo día,
Quería consultaros unha dúbida. Imaxino que faredes varios turnos de comedor e que algunhos nenos/as comerán máis cedo e outros máis tarde. A dúbida é a seguinte. Se o neno é admitido ¿o horario de saída seguirá sendo o mesmo? Sairían todos a partir das 15:30? ¿Estarían como ata agora no pabellón ao rematar a comida? Esta parte da estancia también me preocupa, porque será complicado manter as distancias, incluso máis que no propio comedor. Moitas grazas.
Hola, Monica.
A dinámica do comedor aínda se está definindo nestes días: organización de entradas, saídas, actividades posteriores e recollida dos nenos.
Neste proceso terán que colaborar Jardanay e a dirección do centro, xa que hai aspectos que non están aínda confirmados, como por exemplo cómo será o acceso dos pais ó centro escolar.
Intentaremos incorporar calquera modificación que faga máis doada a tarefa das familias, como por exemplo a flexibilidade na hora de recollida, se é posible.
Informaremos de calquer avance no blogue.
Saúdos,
Bos días
Sabedes xa ales serán os admitidos en comedor? Sabemos que te des unha complicada e laboriosa tarea e volo agradecemos, pero para arranxar a nosa vida familiar e laboran precísanse máis de 3 días de marxe.
Esperamos que teñades hoxe as listaxes para comunicar. Grazas
Bos días….estamos traballando o máis rápido posible para ter as listaxes canto antes. En canto se teñan preparadas comunicaranse a través do blogue.
Entendemos e compartimos a vosa preocupación, pero estamos a facer as cousas o mellor e máis rápido que podemos.
Grazas pola vosa paciencia. Un saudo