COMUNICADO EXTRAESCOLARES E CÓXEGAS.

Estimadas familias,

Esperamos que todo ben. Estamos xa a piques de comezar a semana a que volvemos as aulas, así que moito ánimo!!!.

No comunicado de hoxe queremos comentarvos o tema das actividades extraescolares.

1º.- As actividades extraescolares, é un tema no que vimos traballando todo o mes de agosto. Como xa vos imaxinades, organizalas non está sendo tarefa sinxela: a situación sanitaria limita os espazos nos que as podemos desenvolver, e por outra banda a obriga de presentar un protocolo unificado, condiciona que este ano dependan unicamente da Federación de ANPAS. Esta institución garantiza a definición de dito protocolo adaptado ao noso colexio, e ademais, a través da figura dunha persoa coordinadora (presente todas as tardes no centro), asegura que realmente se cumpran as medidas de seguridade incluídas no mesmo.

Sentimos moito ter que suspender o resto de actividades, algunhas das cales levaban no noso cole un gran número de anos, e esperamos poder retomalas de novo máis adiante.

As actividades que ofertaremos poderanse realizar (se o tempo o permite) no exterior e en espazos amplos como o pavillón e/ou espazos que non estean destinados aos grupos burbulla (isto é clave, xa que o protocolo da xunta establece que os grupos burbulla teñan os seus espazos propios, e non poder ser usados por outros grupos).

Esperamos nos próximos días podervos comunicar a oferta e o proceso para solicitalas. Recordade que as actividades comezan en outubro e rematan en maio.

Os grupos serán de 9 nenos e nenas, e organizadas por etapas educativas:
Educación Infantil
1º, 2º e 3º Educación Primaria
4º, 5º e 6º Educación Primaria.
A inscrición ás actividades realizarase de xeito telemática e o pago será con cargo a conta por parte da federación.

Programa cóxegas.
Debido á situación sanitaria actual, e ás restricións impostas polo protocolo da Consellería de Educación, este ano non ofreceremos este programa no colexio.

Moito ánimo e bo inicio de curso!!!