LISTAXE PRE-ADMITIDOS SERVIZO COMEDOR/MADRUGADORES CURSO 2020-2021

Bo días familias;

A continuación achegamos a lista de pre-admitidos nos servizos de madrugadores e comedor (por motivos da LOPD amosanse só as inicias do nome e apelidos dos nenos e nenas) a espera de cotexar entre Jardanay e a ANPA que se cumpran os criterios que se fixeron públicos no comunicado do blogue do día 18-8-2020 e que a continuación volvemos a expoñer:

  1. Estar ao día de pagos coa ANPA e con Jardanay para que a inscrición sexa válida
  2. Necesidade de conciliación: que ambos  titores traballen en horario que imposibilite a atención ao mediodía aos nenos e/ou nenas ou un no caso de familias monoparentais. Marcarase unha casa na inscrición online cunha declaración responsable e a ANPA poderá requirir os certificados correspondentes de ser necesario.
  3. Letras de prioridade no procedemento de admisión ao curso 2020-21 sorteadas pola Xunta de Galicia e publicadas na Resolución do 26 de febreiro de 2020 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos: “As letras de prioridade que afectan ao primeiro apelido son as letras ” T” e ” G”; así mesmo, afectan ao segundo apelido as letras “E” e “X”.

Entre hoxe e mañá recibiredes un comunicado por parte de Jardanay no voso e-mail.

Os tempos neste inicio de curso están sendo complicados, e tanto  a ANPA como Jardanay, facemos todo o posible para apresuralos, pero, son os que son.

Pedímosvos que empaticedes coa situación, todas e todos sodes coñecedores que é complicada e reforzamos a idea de que  todas as persoas implicadas queremos facer ben o traballo que nos corresponde e iso leva tempo.

Agradecendo a compresión, ánimo coa volta o cole!!!!

Saúdos

A Directiva da ANPA