
Queridas familias;
Esperamos que esteades tendo un bo inicio de curso.
Queremos comentarvos, que ata o día 26 de setembro, as persoas interesadas podedes entrar na paxina de Jardanay para solicitar o servizo de madrugadores e comedor.
Para comedor, entrariades nunha lista de espera e segundo as baixas que haxa do mes en curso e tendo en conta o grupo burbulla ao que pertence o nenos/a, Jardanay porase en contacto con vos para confirmarvos se hai praza dispoñible.
Recordamos o procedemento así como os criterios de acceso ao comedor:
• Novas altas, baixas ou modificacións sobre a alta inicial poderanse realizar ata o día 26 do mes en curso e faranse efectivas unicamente a partir do día 1 do mes seguinte.
• Non terán efecto as comunicadas fóra de prazo nin con defectos de forma
Os formularios cumprimentaranse unicamente a través da web http://jardanay.es/
(Apartado área clientes e centro escolar).
Os datos para acceder á área privada do centro son:
– Usuario: victorlopezseoane
– Contraseña: comedores2020
Criterios de acceso ao comedor (por orde):
- Estar ao día de pagos coa ANPA e con Jardanay para que a inscrición sexa válida
- Necesidade de conciliación: que ambos titores traballen en horario que imposibilite a atención ao mediodía aos nenos e/ou nenas ou un no caso de familias monoparentais. Marcarase unha casa na inscrición online cunha declaración responsable e a ANPA poderá requirir os certificados correspondentes de ser necesario.
- Letras de prioridade no procedemento de admisión ao curso 2020-21 sorteadas pola Xunta de Galicia e publicadas na Resolución do 26 de febreiro de 2020 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos: “As letras de prioridade que afectan ao primeiro apelido son as letras ” T” e ” G”; así mesmo, afectan ao segundo apelido as letras “E” e “X”.
No se se poderán realizar altas, baixas ou modificacións por teléfono nin e-mail.
Moitas grazas. A Directiva da ANPA.