
Boas noites.
Como xa vos anunciamos hai uns días, este curso as actividades extraescolares están todas incluidas dentro do convenio de colaboración entre o Concello da Coruña e a Federación de Anpas.
Polo tanto, o proceso de inscripción será a través do seu formulario web (avisaremos a través do blogue, cando se abra o período de inscripción, nos vindeiros días).
As actividades ofrecidas son as seguintes:

* Contacontos, pendente aínda de confirmación por parte da federación.
– O período de realización en todas elas é dende o 1 de outubro, ata o 31 de maio.
– Dúas horas semanais (excepto Contacontos, que será de 1 hora)
– Co obxectivo de manter os protocolos de seguridade actuais, cada grupo estará formado únicamente por 9 alumnos e un monitor, ou 8 alumnos + 2 monitores no caso de que algún neno requira apoio.
– O criterio para adxudicar as plazas será por orde de inscripción, quedando as seguintes familias en lista de espera por se hai baixas, ou se podemos abrir un segundo grupo nun novo horario.
– O pago trimestral realizarase mediante domiciliación bancaria.
– Será necesario aboar ademáis unha cota única de 4€ en concepto de seguro de accidentes que lle dará cobertura en calquera das actividades xestionadas pola Federación de ANPAs no curso 20/21.
DEPORTE NO CENTRO
Xogos Rítmicos – Ritmo -Baile Moderno – Xogos Motores (psicomotricidade) – Predeporte – Multideporte -Patinaxe
O programa de Deporte no Centro, favorece o desenvolvemento integral do alumnado a través da práctica física e deportiva.
As propostas están adaptadas ao nivel madurativo dos participantes, comezando co xogo como recurso pedagóxico na etapa infantil, e o deporte nos últimos anos de primaria.
Sempre que o tempo o permita, intentarán aproveitarse os espacios exteriores para a práctica deportiva.
En Predeporte e Multideporte, o atletismo será o punto de partida, pero unha vez iniciado o curso, o monitor adaptará o contido semanal ás preferencias dos alumos, podendo variar por mes, trimestre, ou adicando un dos días da semana a unha práctica deportiva concreta.
En Patinaxe, os alumnos deben levar o seguinte equipamento: proteccións de mans, cóbados e xeonllos, casco, e patíns. É conveniente que sexan autónomos á hora de poñer/quitar este equipamento, xa que os pais non temos permitido o acceso ó centro.
Aboaranse 3 cotas ao longo do curso 20/21 nos seguintes períodos:
Período outubro-decembro: 15€ por participante
Período xaneiro-marzo: 15€ por participante
Período abril-maio: 10€ por participante
ARTE E CULTURA
Teatro – Contacontos
Aboaranse 3 cotas ao longo do curso 20/21 nos seguintes períodos:
Período outubro-decembro: 15€ por participante
Período xaneiro-marzo: 15€ por participante
Período abril-maio: 10€ por participante
ENGLISH LAB
Novo programa de idiomas, o cal ten como obxectivos xerais, fomentar o coñecemento do idioma nun contexto lúdico, e adquirir competencia comunicativa na súa faceta oral; escoita e fala.
Contidos:
1º e 2º: Reforzo do léxico e das construcións sintácticas básicas, así como achegamento a contidos gramaticais básicos.
3º e 4º: Ampliación e reforzo do léxico e das construcións sintácticas, así como reforzo de contidos gramaticais básicos.
5º e 6º: Profundización nas construcións sintácticas, gramaticais e sintagma verbal, así como ampliación e reforzo de léxico.
Cotas trimestrais a aboar no curso 20-21
Período outubro-decembro: 15 € por participante
Período xaneiro-marzo: 15 € por participante
Período abril-maio: 10 € por participante
Os horarios propostos son os seguintes:

Agardamos sexan do voso agrado e vos sirvan de axuda á conciliación neste ano tan difícil.
Un saudo
A Directiva do ANPA.
Hola buenos días, me gustaría saber qué es “xogos da amizade” y cómo hacer para apuntar a una niña de 4º de infantil.
Un saludo,
Thais Monteagudo
________________________________
Xogos da Amizade, é a empresa de impartía varias das actividades extraescolares o pasado curso no noso centro.
Este ano, debido ás limitacións que temos pola COVID-19, sólo podemos ofrecer actividades dentro do programa de colaboración entre o concello e a federación de Anpas da Coruña (e son as que indicamos no blogue).
Para inscribir á túa filla, poderás facelo na dirección web que indicaremos (cando a federación abra o plazo, esta semana) se queres que faga as actividades no propio centro.
Se queres apuntala á unha das actividades de Xogos da Amizade, ou a calquera outra empresa privada, terás que seguir as súas instruccións. Podemos reenviarte información sobre as mesmas, pero tes que ter claro que será algo completamente alleo ó Anpa e ó centro escolar.
Se necesitas máis información, podes escribir directamente ó noso email anpafaro@hotmail.com, e te explicaremos en máis detalle.
Saúdos,