RECORDATORIO HORARIO ENTREGA DE NENOS/AS A MADRUGADORES

Estimadas familias:

Soamente queríamos recordarvos que o horario límite para deixar as crianzas no servizo de madrugadores é as 8:40. Sabemos de casos que se están entrando ata as 8:50 de modo recurrente, na situación actual é algo que non pode facerse, temos que apelar a responsabilidade de todos.

Sabemos que pode ser complicado alguna vez non poidades chegar a tempo, pero no caso de non chegar a esa hora debedes agardar ao turno normal de entrada do curso ao que pertenza a nena ou o neno.

Estes horarios están rexidos por un protocolo que se implementou a instancias das normativas vixentes, nacionais e autonómicas e para que non se crucen cos usuarios do servizo de autobús, que ademáis de para evitar contaxios serve para evitar posibles accidentes.

Pedímosvos por favor, responsabilidade á hora de utilizar os servizos e que sexades puntuais para a sua utilización.

O mantemento destes servizos é responsabilidade de todos e para elo é necesario que cumpramos coas normas e os horarios establecidos.

Moitas gracias pola vosa comprensión.

Un saudo.

A Directiva da ANPA.

BOLSAS COMEDOR

Boas noites familias;

Comentarvos que onte sairon as listaxes das Bolsas-Comedor.Son listaxes provisionais, máis todas aquelas familias que a teñades concedida e que non teñades que presentar alegacions ou aportar documentacion e que ainda non esteades anotados na web de jardanay, deberedes de facelo. Lembrade tamén que é preciso estar dado de alta como socio do ANPA.

Mañan abrirase un proceso extraordinario de inscripción para aqueles que ainda non o fixeran. E moi importante xa que hai que planificar a capacidade do comedor.

Aproveitamos para recordarvos que este ano, ademáis da opción presencial tedes a opción Jardanay en Casa. Calquera dúbida os rogamos contactedes con Jardanay no seguinte número: 981 12 66 27.

Un saudo.

A Directiva da ANPA.

MODIFICACIONS COMEDOR/EXTRAESCOLARES

Boas noites,

Como xa vos comentamos nun post anterior, o mes pasado dende o Anpa facilitamos ao persoal de comedor un listado dos alumnos inscritos nas diferentes actividades extraescolares, de forma que tiveran a información necesaria para entregalos aos monitores das actividades que dan comezo ás 16.00.

A partir de agora e ata final de curso, se hai novas inscripcións ou baixas, será responsabilidade de cada familia poñelo en coñecemento dos monitores de comedor.

Para facilitar esta tarefa, adxuntamos un documento que poderedes imprimir e entregar cuberto ao persoal de comedor, coa nova rutina que vaian seguir os vosos fillos.

Un saudo.

A Directiva da ANPA.

DOAZONS/COBROS CHEQUES COMEDOR 2018/2019

Queridas familias;

Sabemos que temos pendentes os pagos dos cheques da subvención do comedor, mais estamos tendo dificultades loxísticas para poder entregalos ( hai que compatibilizar moitos horarios), ademais que as solicitudes nos entran pouco a pouco.

Polo que para organizar todo isto e ser eficaces e eficientes propomos:

As familias interesadas en doar ou cobrar o importe cheque da subvención de comedor correspondente ao curso 2018-2019 deberán enviar un e-mail ao buzón de correo electrónico ou un WhatsApp ao teléfono da ANPA FARO antes do 5 de novembro indicando os seguintes datos:

– se quere cobrar ou doar o importe

– nome da nena ou neno usuario do servizo de comedor no curso indicado.

– curso actual e nome da profesora ou profesor.

– Nome da nai, pai ou titor legal ao que queredes que vaia o cheque.

As familias que teñen doado ou  solicitado o cheque anteriormente, non tedes que voltar a facelo, xa o temos rexistrado.

Os que elixan cobrar o cheque, recibirán por medio do colexio (se lles entregará aos nenos para que o leven a casa) nun sobre pechado co importe correspondente ao nome indicado previamente. UNHA VEZ RECIBIDO O CHEQUE NA CASA NECESITAMOS CONFIRMACIÓN DA RECEPCIÓN VIA EMAIL OU WHATSAPP.

No caso que queirades doar o importe, (lembrade que na actualidade é moi importante para poder mellorar o servizo de comedor/madrugadores), vos responderemos ao e-mail cun documento que necesitamos asinado que nos podedes facer chegar por medio do colexio. Os nenos/as poden entregalo na clase e nolo farán chegar á ANPA.

Este é o xeito que atopamos coa colaboración do centro para poder evitar aglomeracións e non ter que quedar unha a unha coas familias. Tendo o local pechado e non podendo entrar as familias no centro parecemos o cauce máis axeitado.

Sentimos as molestias e a tardanza en poder tramitar esta xestión.

Saúdos

A Directiva da ANPA.

PECHE FORMULARIO ALTA ACTIVIDADES FEDERACION

Boas noites.

Comunicámosvos que hoxe as 21:00 pechouse o formulario de incripcions nas actividades extraescolares da federación, co fin de ter organizados os grupos das distintas actividades e o control de espazos no centro.

Non obstante, se alguén desexa darse de alta, modificar as inscripcións ou proceder á baixa nas mesmas, a federación procedeu a habilitar o seguinte correo: inscripcionesprogramaslecer@fedapascoruna.org e o teléfono 649 055 939 onde atenderanse as peticiós solicitadas.

Saudos.

A Directiva da ANPA

CAMBIO NO MENU DE MAÑÁ MARTES 20 DE OUTUBRO

Boas noites,

Remitimosvos nota recibida dende Jardanai sobre un cambio no menú de mañá martes.

Debido a un problema de falta de abastecimiento, debemos cambiar el pescado previsto para mañana, “maruca en caldeirada con coliflor y guisantes”, por “merluza en caldeirada con coliflor y guisantes”. El primer plato, “patatas a la riojana”, se mantiene sin cambios. 

Así, con el cambio, el menú quedará así:

Primer plato: Patatas a la riojana.

Segundo plato: Merluza en caldeirada con coliflor y guisantes.

Sentimos las molestias que os podamos causar.

Saudos.

A Directiva da ANPA. 

REPARTO PORTAMASCARILLAS JARDANAY

Boas familias.

Trasladamosvos notificación que fainos Jardanai sobre a entrega de portamascarillas a os usuarios/as do servizo de comedor.

Buenas, 
Como sabéis, la hora de comer es un momento clave para los niños, y más este año cuando es tan importante que se respeten las medidas de higiene y prevención. Junto con la higiene de manos y la distancia, el uso correcto de la mascarilla tiene muchísima importancia, especialmente en en momento de quitársela y guardarla en un sitio cómodo y seguro mientras comen.
Pensando en este momento, vamos a repartir entre los niños el próximo martes 13 de octubre unos portamascarillas que hemos encargado con toda nuestra ilusión. Son de material plástico para que puedan desinfectarse y tienen un cordón para que se lo cuelguen del cuello. Adjuntamos foto para que los veáis. Nuestra idea es que los usen en el comedor, se los lleven a casa y los traigan limpios de nuevo al día siguiente. 
¡Esperamos que les gusten y, sobre todo, que les sean cómodos!

Un abrazo 

Un saudo.

A Directiva da ANPA.