DOAZONS/COBROS CHEQUES COMEDOR 2018/2019

Queridas familias;

Sabemos que temos pendentes os pagos dos cheques da subvención do comedor, mais estamos tendo dificultades loxísticas para poder entregalos ( hai que compatibilizar moitos horarios), ademais que as solicitudes nos entran pouco a pouco.

Polo que para organizar todo isto e ser eficaces e eficientes propomos:

As familias interesadas en doar ou cobrar o importe cheque da subvención de comedor correspondente ao curso 2018-2019 deberán enviar un e-mail ao buzón de correo electrónico ou un WhatsApp ao teléfono da ANPA FARO antes do 5 de novembro indicando os seguintes datos:

– se quere cobrar ou doar o importe

– nome da nena ou neno usuario do servizo de comedor no curso indicado.

– curso actual e nome da profesora ou profesor.

– Nome da nai, pai ou titor legal ao que queredes que vaia o cheque.

As familias que teñen doado ou  solicitado o cheque anteriormente, non tedes que voltar a facelo, xa o temos rexistrado.

Os que elixan cobrar o cheque, recibirán por medio do colexio (se lles entregará aos nenos para que o leven a casa) nun sobre pechado co importe correspondente ao nome indicado previamente. UNHA VEZ RECIBIDO O CHEQUE NA CASA NECESITAMOS CONFIRMACIÓN DA RECEPCIÓN VIA EMAIL OU WHATSAPP.

No caso que queirades doar o importe, (lembrade que na actualidade é moi importante para poder mellorar o servizo de comedor/madrugadores), vos responderemos ao e-mail cun documento que necesitamos asinado que nos podedes facer chegar por medio do colexio. Os nenos/as poden entregalo na clase e nolo farán chegar á ANPA.

Este é o xeito que atopamos coa colaboración do centro para poder evitar aglomeracións e non ter que quedar unha a unha coas familias. Tendo o local pechado e non podendo entrar as familias no centro parecemos o cauce máis axeitado.

Sentimos as molestias e a tardanza en poder tramitar esta xestión.

Saúdos

A Directiva da ANPA.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.