RECORDATORIO HORARIO ENTREGA DE NENOS/AS A MADRUGADORES

Estimadas familias:

Soamente queríamos recordarvos que o horario límite para deixar as crianzas no servizo de madrugadores é as 8:40. Sabemos de casos que se están entrando ata as 8:50 de modo recurrente, na situación actual é algo que non pode facerse, temos que apelar a responsabilidade de todos.

Sabemos que pode ser complicado alguna vez non poidades chegar a tempo, pero no caso de non chegar a esa hora debedes agardar ao turno normal de entrada do curso ao que pertenza a nena ou o neno.

Estes horarios están rexidos por un protocolo que se implementou a instancias das normativas vixentes, nacionais e autonómicas e para que non se crucen cos usuarios do servizo de autobús, que ademáis de para evitar contaxios serve para evitar posibles accidentes.

Pedímosvos por favor, responsabilidade á hora de utilizar os servizos e que sexades puntuais para a sua utilización.

O mantemento destes servizos é responsabilidade de todos e para elo é necesario que cumpramos coas normas e os horarios establecidos.

Moitas gracias pola vosa comprensión.

Un saudo.

A Directiva da ANPA.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.