CAMBIEMOS AS NARRATIVAS

Estimadas familias,

Queremos presentarvos este proxecto chamado “ANPA Faro; cambiemos as narrativas”, que levaremos a cabo durante o mes de novembro,  grazas a unha subvención que foi concedida pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia.

Como Asociación de Nais e Pais quixemos aproveitar a oportunidade que nos abría esta subvención para presentar unha iniciativa que nos achegara as familias recursos relacionados coa educación dos nosos nenos e nenas, presentando unha proposta  que tivera como temática a coeducación e a igualdade entre homes e mulleres.

Por mor da Covid 19, todas as actividades tiveron que ser repensadas para poder adaptarse aos protocolos actuais.

As actividades que levaremos a cabo dentro da iniciativa de este ano son:

  1. Guía de alfabetización mediática: para que as familias teñamos  a capacidade de analizar as mensaxes que reciben os nenos e nenas  tanto a través de medios de comunicación, como da ficción e a publicidade, tamén dará  pautas para abordar os patróns de xénero que se xeran nos medios.

En canto a teñamos dispoñible, vola faremos chegar.

  1. Cambiemos a mensaxe na publicidade (obradoiro de contra publicidade): o alumnado de 5º e 6º realizará un obradoiro en liña, no que buscaran a identificación das mensaxes sexistas na publicidade e a creación de mensaxes alternativas, principalmente con cartelería, os días 12 e 13 de novembro.

Deixámosvos o cartaz deseñado para a actividade do alumnado.

Saúdos

A Directiva da ANPA.

Un comentario en “CAMBIEMOS AS NARRATIVAS”

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

A %d blogueros les gusta esto: