
Estimadas familias:
Debido a subida da curva de contaxios na nosa cidade vémonos na obriga de suspender as actividades extraescolares. Por prevención é necesario tomar esta medida que entendemos que, ainda que é un problema para a conciliación das familias que necesitan deste servizo, polo control de posibles futuros contaxios e evitar brotes máis amplos que pasen dunha burbulla de convivencia a outra, e polas recomendacións de autoaillamento que hai por parte das autoridades sanitarias, cremos que é a opción máis axeitada, ata que a curva de contaxios volva baixar.
Para as familias que sigan necesitando servizo de conciliación, facilitámosvos a seguinte ligazón de Canguros Municipais.
Unha aperta e coidadevos moito.
A Directiva da ANPA.