CINE

Bo día familias,

No post de hoxe queríamos contarvos unha actividade que comezamos o trimestre pasado nos servizos de madrugadores e comedor.

Por mor da situación da Covid 19 e as medidas adoptadas (non hai préstamo de xoguetes, xogos, libros en madrugadores, grupos burbulla a hora de xantar, espazos separados de espera, etc.) dende a ANPA propuxemos unha actividade de Cinema, para esas horas “de espera” para que sexan menos aburridas e os nenos e nenas poidan pasar un rato xuntos/as tendo unha actividade en común.

A actividade realizase no espazo de comedor, na hora de madrugadores e na aula azul na hora de comedor, coas medidas de seguridade axeitadas  que son coordinadas polas monitoras do servizo.

Deixámosvos unha fotos para que vexades o  desenvolvemento da actividade

Madrugadores/comedor
Madrugadores/Comedor
Aula azul
Aula azul
Aula azul

Se esta iniciativa paréceuvos interesante, aproveitamos a ocasión para invitarvos a participar neste proxecto de ANPA, tanto coma membros coma socios.

Soamente coa vosa axuda, implicación e colaboracion poderemos seguir a traballar no benestar e educación dos nosos nenos/as e acadando melloras no noso centro.

Animádevos. Todo aquel que queira información, que nos envíe un email a anpafaro@hotmail.com e contactaremos con vos o o máis axiña posible.

Saúdos

A directiva da ANPA.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.