PROGRAMA CÓXEGAS

Bos días.

Informarvos de que o vindeiro mes de xuño ofreceremos o programa de conciliación CÓXEGAS que se desenvolverá dende o martes día 1 ate o venres 18, de luns a venres en horario de 16 a 18h.

Dado o período de pandemia no que nos encontramos e dacordo cos protocolos vixentes co centro, os criterios de agrupamento serán os que existen actualmente, agás modificacións impostas polas autoridades sanitarias: Educación Infantil, 1º a 3º Primaria, 4º a 6º Primaria.

Será necesario acadar o número mínimo de 6 escolares para formar grupo en cada unha destas franxas.

Para os que non coñecedes o programa, trátase dunha proposta do Concello que lle dá resposta á demanda de conciliación familiar e laboral para familias con fillas e fillos escolarizados en centros públicos en tempo extraescolar, durante os períodos en que non se desenvolven actividades extraescolares (setembro e xuño).  
Prazo inscrición: do 3 ó 7 de maio en:

www.fedapascoruna.org/inscripciones

Custo do programa: 15 €/participante.
Os nenos poden recollerse ás 17.00 ou as 18.00, pero en calquera caso abonarase o custo completo do programa.

Un saúdo.

A Directiva da ANPA

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.