CHEQUES COMEDOR

Queridas Familias:

Esperamos vos encontredes ben. O tema do comunicado de hoxe, ten que ver co reparto dos cheques comedor.

Aínda que estamos nunha situación mellor á de fai meses,  seguimos con restricións por mor da Covid 19. Debido a esta situación, dende a ANPA estivemos dándolle voltas ao tema de como facer o reparto de cheques de xeito eficaz e eficiente e atendendo as medidas de seguridade.

Finalmente e grazas a Jardanay, o xeito de facelo será por transferencia bancaria (a empresa Jardanay fará a transferencia a conta de domiciliación dos recibos de comedor), isto farase cara final de curso, e terá un custo de 0,70 céntimos (descontarase do importe a ingresar)

Ao igual que o ano pasado, volvemos a pedirvos a vosa colaboración doando o voso cheque para poder facer intervencións no comedor que melloren o servizo, como xa se comezou facer este ano.  Neste curso 2019/2020, coas doazóns recibidas o ano pasado fixéronse varias cousas:

  • – Asumimos a metade do custe da lona móbil do pavillón que divide o espazo en dous. Quedando de ese xeito, dous “mini pavillón” que axuda a poder ter actividades diferenciadas nun espazo tan grande.
  • – Puxemos en marcha unha actividade Cinema comedor  e conseguiuse grazas a poder comprar os medios técnicos  necesarios.

Este ano propomos facer o mesmo,  coa idea, de poder dinamizar con mais actividades  o tempo de comedor ( actividade de horto, por exemplo).

Achegámosvos listado coas iniciales dos nenos/as beneficiarios de subvención e os importes correspondentes para que vexades o que vos corresponde.

Podedes enviarnos asinado o documento de doazón entregándoo ao persoal do servizo de comedor para que nolo fagan chegar ou, se tedes sinatura dixital podedes enviárnolo por e-mail ao noso correo electrónico: anpafaro@hotmail.com,  antes do día 18 de xuño.

As familias que opten por cobrar o cheque, recibirán ao final de curso por medio de transferencia bancaria, o importe que lles corresponda, ¡INSISTIMOS! a conta de recepción será na que teñan domiciliado o cobro de Jardanay.

Saúdos.

A directiva da ANPA

3 opiniones sobre “CHEQUES COMEDOR”

  1. Bos días,que son os cheques comedor?É o segundo ano que facemos uso do comedor,pero non sabemos de que se trata.

    1. Boa tarde, antes de nada desculpas por tardar en responder, tivemos un problema con este comentario.
      A Xunta de Galicia, todos os anos convoca unhas subvencions para Anpas que xestionan o servizo de madrugadores e comedor, como é o noso caso, a cantidade concedida depemde do numero de usuarios/as do curso escolar correspondente, neste caso a subvención correspondese co especial curso 2019/2020, concedese a ano vencido. A empresa que xestiona o servizo, no noso caso Jardanay, divide o importe total entre numero de usuarios/as (tendo en conta se usan o servizo 5, 4, 3, 2, 1 dia ou dias exporadicos) Ese é o motivo porque a cantidade correspondente a cada usuario/a é diferente. Esperando ter contestado a túa dúbida, recibe un coordial saudo. Anpa Faro

  2. Hola, buenas noches!
    Sabéis si Jardanay ha tramitado ya la los cheques de comedor? No me ha llegado ningún ingreso a la cuenta desde donde realizo los pagos por la anualidad de los dos hermanos.
    Como siempre, gracias por vuestra dedicación.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.