CRITERIOS DE ACESO AO COMEDOR 2021-22

Estimadas familias,

En primeiro lugar, esperamos que esteades ben, vos e os vosos seres queridos.

Como sabedes, prevese un curso escolar 2021/2022 marcado de novo pola aplicación dos diferentes protocolos de seguridade e hixiene para previr a COVID-19. Estes protocolos tamén afectan aos servizos de madrugadores e comedor, especialmente na distancia de seguridade que se debe manter entre todos os nenos e nenas, así, como nas medidas de limpeza e desinfección dos espazos (por exemplo, entre quendas de comedor) e a distribución das zonas de xogo.

Unha consecuencia importante da aplicación de estes protocolos e a redución do aforo dos espazos con relación á capacidade que solemos ter en circunstancias normais. É dicir, van a caber menos nenos e nenas no espazo destinado a comedor. Esta ANPA, viuse na obriga de tomar decisións, decisións complexas  para o cursos 2020/2021, que debido a situación que estamos a sufrir, deberemos manter durante este curso 2021/2022.

É por isto que a directiva da ANPA, decidiu manter os criterios  de acceso a aplicar nas solicitudes de  madrugadores e comedor, no caso no  que haxa mais solicitudes que espazo dispoñible.

Criterios de acceso ao comedor (por orde):

  1. Estar ao día de pagos coa ANPA e con Jardanay para que a inscrición sexa válida
  2. Necesidade de conciliación: que ambos  titores traballen en horario que imposibilite a atención ao mediodía aos nenos e/ou nenas ou un no caso de familias monoparentais. Marcarase unha casa na inscrición online cunha declaración responsable e a ANPA poderá requirir os certificados correspondentes de ser necesario.
  3. Letras de prioridade no procedemento de admisión ao curso 2021-22 sorteadas pola Xunta de Galicia e publicadas na Resolución do 25 de febreiro de 2021 da Dirección Centros e Recursos Humanos: “Para os efectos da resolución do desempate na puntuación final na orde de admisión do alumnado nos centros sostidos con fondos públicos no curso 2021/2022, conforme ao resultado do sorteo, as letras de prioridade que afectan ao primeiro apelido son as letras “W” e”S”; así mesmo, afectan ao segundo apelido as letras “B” e “F”

Por todo o anterior exposto, vémonos tamén na obriga de non ofertar durante este curso o servizo de uso do comedor de esporádicos, xa que non haberá espazo físico para este servizo. Para minimizar o impacto nas familias, neste cursos escolar seguirá funcionando Jardanay en casa (menú para levar).

AVISO A BECADOS

Como o pasado curso escolar, Jardanay non financiará o comedor durante a tramitación das becas como fixo anteriores anos. Se o Concello tarda en resolver as becas comedor, os solicitantes terán que pagar polos servizos ata que non se resolvan. No caso de que finalmente foran beneficiarios/as da bolsa, devolveríaselles os importes abonados.

Achegamos o díptico informativo do Servizo de Jardanay onde se explica o Servizo e o proceso de prescrición no mesmo.

O prazo de prescrición comezará o  10 de agosto e rematará o 30 de agosto  

Recordade que para solicitar os servizos de madrugadores e comedor, hai que ser socio/a da ANPA.

A continuación deixamos o enlace ao formulario para darse de alta como familias socias.

https://forms.gle/Km8tGy9nHtHKZoMQ9

A cota segue a ser 23 euros por familia.

O Nº de conta: ES87-0081-2189-1200-0108-5516

Recordade que teredes que enviar  o xustificante de transferencia da cota ao e-mail anpafaro@hotmail.com

Saúdos cordiais

A Directiva da ANPA.

2 opiniones sobre “CRITERIOS DE ACESO AO COMEDOR 2021-22”

  1. Muchas gracias por la información y el trabajo que realizáis, os quería preguntar si en el servicio de madrugadores también hay limitaciones de ingreso y si habrá posibilidad de esporádicos, Muchas gracias Saludos

    El sáb., 31 jul. 2021 12:20, ANPA FARO escribió:

    > ANPA Faro posted: ” Estimadas familias, En primeiro lugar, esperamos que > esteades ben, vos e os vosos seres queridos. Como sabedes, prevese un curso > escolar 2021/2022 marcado de novo pola aplicación dos diferentes protocolos > de seguridade e hixiene para previr a ” >

  2. Bos días Ana. O primeiro , desculpa a tardanza en respostar….cousas da loxística en periodo de vacacións….
    Indicarvos que, dada a actual situación, non é posible garantir nin prazas nin a disponibilidade do servizo tanto en madrugadores coma en comedor. Vai depender do n⁰ final de socios apuntados a dito servizo, de ahí que se fagan preinscripcions. Unha vez rematado o prazo, informarémosvos se hai alguna novidade, pero en principio non haberá servizo de esporádicos en ningunha das modalidades.
    Un saudo e bo verán.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

A %d blogueros les gusta esto: