ACTIVIDADE FEDERACION: PATINAXE

Boas noites

Como veríades no blogue, este ano o grupo de Patinaxe non sae adiante por non acadar o número mínimo de inscritos.
Sin embargo, xa fora de plazo varias familias interesáronse pola actividade. Non hai alumnos suficientes para facer dous grupos, así que sería un único grupo con toda EP.
Os que sigades interesados na actividade, enviade por favor un mail a esta dirección, poñendo no asunto “Patinaxe”, e indicando a qué hora preferides:

  • martes e xoves ás 16.00
  • martes e xoves ás 17.00
  • ambas opcións válidas

Así vemos se realmente xuntamos as solicitudes necesarias para que saia adiante.
En caso de saír, en vez de empezar o próximo luns como o resto de actividades, empezaría unha semana máis tarde.

Un saudo.

A Directiva da ANPA.

CLASES PROBA GRATUITAS MATEMATÍZATE


Bos días

Durante a primeira semana de outubro, as clases de Matematízate son gratuitas para os nenos e nenas que queiran probar esta nova actividade.
Xogos non convencionales, para favorecer a capacidade de concentración e o razoamento lóxico. Podedes ver máis sobre este método na web https://crecercreando.org/


Tedes máis información tamén na nosa web, no apartado de Extraescolares.


Para reservar plaza os días de proba, cubride o seguinte formulario: https://forms.gle/RDHrFiXTtKckMg9j7

Un saudo

A Directiva da ANPA

COMEZO ACTIVIDADES DIA 4 DE OUTUBRO

Hola, familias.
As actividades da Federación que poden dar comezo o luns día 4, son as seguintes:
Predeporte
Xogos Ritmicos
Baloncesto

Agora que o formulario está pechado, se alguén está interesado en inscribirse debe solicitalo no correo electrónico inscripcionesprogramaslecer@fedapascoruna.org ou nos teléfonos 649 055 939 / 698 158 503 en horario de 10 a 14h e de 15 a 18h.
É importante que o fagades canto antes, xa que por exemplo no grupo de English Lab de 12EP falta un único alumno para dar comezo tamén.

Por outra banda, as actividades ofrecidas por Xogos da Amizade tamén comezan a partir do luns 4, e xa estaban confirmadas na súa maioría. Son as seguintes:
Fun English
Judo EI
Futbol Sala EI
Robotica 123EP
Robotica 345EP
Judo EP
Badminton
Teatro
Futbol Sala 123EP

Unha vez correxida algunha inscripción incorrecta, foron admitidos todos os alumnos apuntados en Fun English (incluidos lista de espera).
Algo semellante ocurre en Judo EP, non quedando a día de hoxe ninguén máis en lista de espera.
No resto de grupos foron admitidas todas as solicitudes.
Esperamos ter dispoñibles os listados de admitidos por actividade entre mañá e pasado Un saudo

A Directiva da ANPA

AVISO EXTRAESCOLARES

Bos días.

A Federación de Anpas comprometeuse a confirmar os grupos entre hoxe venres, e o luns.
Unha vez teñamos esta confirmación, publicaremos as listaxes de admitidos para todas as actividades (tanto da Federación, como de Xogos da Amizade).
Lembrade que para que as inscripcións sexan válidas, a familia ten que ser socia da Anpa.

Un saudo.

A Directiva da ANPA

MODIFICACION ACTIVIDADE FÚTBOL SALA

Bos días.

Informámosvos dun cambio de actividade extraescolar.

Cancelamos a actividade de Fútbol Sala para o grupo de 456EP, por non haber solicitudes.

No seu lugar, propoñemos a actividade para o grupo de Educacion Infantil (3,4 e 5 anos).

Sería 1 hora á semana, os venres de 17.00 a 18.00.

Podedes rexistrarvos xa no formulario de Xogos da Amizade.

Un saudo.

A Directiva da ANPA.

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES:AVISO IMPORTANTE

Bos días.

Debido á gran demanda de solicitudes para a actividade de Predeporte, polo momento os alumnos inscritos fora de plazo (despóis do día 19) quedan en lista de espera.


Tamén debemos pechar o grupo de Judo para Educacion Primaria, e Fun English (EI). No caso de haber un número suficiente de familias interesadas, e de dispoñer de monitores e novos espacios dispoñibles que garanticen a seguridade dos pequenos, veríamos a posibilidade de abrir novos grupos ou ampliar os existentes.
 
A día de hoxe, temos xa confirmados os seguintes grupos:


Judo EI
Judo EP
Fun English
Teatro
Badminton
Futbol 123EP
Robotica 123EP
Robotica 456EP
Predeporte

 
E a punto de confirmarse outros tres grupos.
 
O límite para a solicitude de extraescolares ofrecidas a través da Federación de Anpas, amplíase ata o mércores día 22..
Seguirá tamén activo o formulario para as extraescolares ofrecidas a través de Xogos da Amizade.

Seguiremos informándovos.

Un saudo.

A directiva da ANPA