COMPRA MATERIAL

Bos días familias!

Esperamos que esteades gozando da ponte. Co comunicado  de hoxe, gustaríanos dar a coñecer unha compra de material realizado conxuntamente entre o Colexio e a Anpa có fin último de contribuír conxuntamente a mellorar os recursos materias das instalacións, concretamente, esta vez as melloras foron para o pavillón.

Despois de que no pasado curso, se puxera a cortina, que divide o pavillón en dous, permitindo de ese xeito poder usar o espazo por dous grupos diferentes, tocou agora instalar catro canastras e  mercar una “colchoneta”, que serán usadas non só nas actividades extraescolares (pre-deporte e baloncesto) se non tamén, na materia de Educación Física.

Este tipo de accións en colaboración con colexio son posibles, grazas ás familias socias, velaquí a importancia de formar parte da Anpa e da vosa contribución coa vosa cuota.

Deixamos unhas fotos para que as vexades!!!

Moitas grazas!!!!

Seguiremos facendo cousas…estade atentos….

FAITE SOCIO/A DA ANPA…NECESITÁMOSVOS¡¡¡¡¡

A Directiva da ANPA

OBRADOIROS IGUALDADE

E seguimos comunicándovos cousiñas!

Esta semana comezaron as actividades da Subvención de Igualdade concedida pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia.

O alumnado de 5º e 6º primaria estiveron cos obradoiros de radio “Onda Feminista” e algunhas  das aulas de 1º e 4º de primaria, tiveron o obradoiro de “ Inicio a Escalada”.

Deixámosvos tamén unhas fotos.

Ainda quedan por facer un par de obradoiros de escalada pra distintas idades, pero dependemos das condicions meteorolóxicas.

Lembrade que o vindeiro día 5 terá lugar o obradoiro pra familias.

Tedes a información no post dos obradoiros e deixámosvos de novo o enlace pra solicitar praza de asistencia a o mesmo:

https://forms.gle/k4r6oVAzt3hDdng16

Agardámosvos.

Un saudo.

A directiva da ANPA

CAMBIO MENÚ

Boas tardes,

Escribímosvos para informarvos que realizamos unha modificación no primeiro prato do menú de hoxe: substitúense as “Espinacas con ajada” por “Arroz con salsa de tomate”. Este cambio manterase durante a rotación do primeiro trimestre (martes 23 de novembro e martes 21 de decembro, último día).

Como sempre, os alumnos con algunha alerxia ou intolerancia, seguirán recibindo os seus pratos especiais termosellados en barqueta individual etiquetada en caso de necesitalo, sempre adaptado a este menú.

Un saudo.

A directiva da ANPA

COMEZO ACTIVIDADE DE HORTA ECOLÓXICA

Boas novas…

¡¡¡Volta a actividade de Horta Ecolóxica,Proxecto Sementeira.!!!


No curso 2019-2020 a Anpa impulsou e puxo en marcha o Proxecto Sementeira que consistiu, para @s que non vos lembredes, na posta en marcha desde cero dunha horta no noso patio mediante accións de preparación da terra, abono, plantación, rego, mantemento da horta e colleita, entre outras, realizadas integramente polas crianzas e planificadas e dirixidas polas nosas monitoras, propiciando así que a rapazada sentise o proxecto como seu e se identificase e implicase nel, adquirisen coñecementos relacionados co medio ambiente e disfrutasen do traballo na terra.
Este proxecto, que tivo moito éxito no seu primeiro curso, acadando unha participación de 32 crianzas, viuse interrompido polo confinamento e polas medidas de afastamento social posteriores.

Hoxe temos a satisfacción de anunciarvos que estamos en condicións de recuperar este proxecto, ao que temos especial agarimo e que consideramos que ten un impacto moi positivo na nosa rapazada e na comunidade educativa. Está dirixido a alumnado de primaria en horario de comedor (dúas quendas separadas por burbullas coincidintes coas quendas do comedor)Para que o proxecto sexa viable, deberá ter un mínimo de 5 crianzas, e un máximo de 15 por quenda. Para o alumnado de infantil ofrécese como actividade extraescolar de 16h a 17h os venres (igualmente, cun mínimo de 5 crianzas e un máximo de 15). Custo da actividade: 20€/persoa para o alumnado de primaria (dado que teñen dúas clases por semana,  luns e venres) e 15€/persoa para o alumnado de infantil (venres).
En caso de que nalgún turno as solicitudes superen o número de plazas ofertadas, asignaránse según orden de inscripción.


Tedes de novo aberto o formulario de Xogos da Amizade, para facer as inscripcións nesta actividade ata fin de mes.

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScCnEKRCJ62h8-IIWNIJbMn0e3L8-SqIK0MU_Nq5y_NOECe_g/viewform

Agardamos vos alegre tanto coma a nos esta noticia.

Un saudo.

A Directiva da ANPA

LIGAZÓNS ERRÓNEAS

Boas noites,

No artigo publicado onte sobre os obradoiros de Igualdade, os enlaces que vos deixamos para que as familias vos apuntedes aos obradoiros non funcionaban, estos son os correctos:

Este sería para o obradoiro do 5-11-2021

https://forms.gle/k4r6oVAzt3hDdng16

En este é para o obradoiro do día 12 de novembro de 2021:

https://forms.gle/Mbfsqoctn5yNqcgu5

Disculpade o erro. No artigo xa están modificados.

Un saudo

A directiva da ANPA

ACTIVIDADES IGUALDADE

Estimadas familias,

Queremos presentarvos este proxecto chamado Onda Feminista, que levaremos acabo durante os meses de outubro e novembro,  grazas a unha subvención que foi concedida pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia.

Como Asociación de Nais e Pais quixemos aproveitar a oportunidade que nos abría esta subvención para presentar unha iniciativa que nos achegara as familias recursos relacionados coa educación dos nosos nenos e nenas, presentando unha proposta  que tivera como temática a coeducación e a igualdade entre homes e mulleres.

Realizaranse actividades en dous planos:

No horario lectivo co alumnado;

Comezamos esta semana co proxecto, concretamente o luns día 25  e o martes día 26 de outubro, os nenos e nenas de 5º e 6º de primaria realizarán un obradoiro con educadoras especializadas,  no que a radio será a metodoloxía a usar e  no que se traballaran as seguintes cuestións:

  • Coñecer o mundo da radio e os medios de comunicación.
  • Reflexionar cuestións complexas como o feminismo, a equidade, a
  • desigualdade, os estereotipos…
  • Pasar de ser consumidores/as pasivos/as a creadores/as de
  • mensaxes, fomentando a súa conciencia crítica ante os medios de
  • comunicación, a publicidade, o cine ou a música.
  • Fomentar a creatividade e a imaxinación.
  • Adquirir competencias técnicas e na linguaxe escrita e oral.
  • Traballar en equipo
  • Divertirse aprendendo

Será obradoiros de 2 sesións de 100 minutos para os grupos aula, nos que na primeira sesión abordaranse conceptos sobre a igualdade de xénero e comezaremos a coñecer a radio como ferramenta para promovela, e na segunda sesión crearemos contido radiofónico para o noso programa especial Onda Feminista.

Co alumnado de 1º a 4º de primaria, tamén en horario lectivo, traballaremos o xogo como ferramenta de coeducación.

Co fin de fomentar  o patio coma un espazo activo e coeducativo e co obxectivo de que o recreo ofreza maiores oportunidades de xogo e interrelación e que nenos e nenas sexan protagonistas por igual en tempos e espazos, realizaremos un obradoiro de Inicio a escalada, facendo uso do rocódromo do colexio. Nesta sesión traballarase:

  • Desenvolvemento da psicomotricidade
  • Improvisación
  • Xogo e intuición
  • Confianza e traballo cooperativo

Escola de Nais e Pais da Anpa Faro

Educar para a igualdade; reflexións compartidas sobre recursos pedagóxicos e modelos de crianza.

Realizaranse dous obradoiros prácticos nos que con un facilitador experto no tema, dialogaremos e reflexionaremos sobre  a importancia de un modelo de crianza baseado na igualdade entre homes e mulleres.

O venres día 5 de novembro de 16:30 a 18:00 horas na biblioteca do colexio.

A actividade ten aforo limitado, as familias interesadas deberán apuntarse neste enlace para poder asistir.

Este é o enlace onde podedes anotarvos:

https://forms.gle/k4r6oVAzt3hDdng16

O venres día 12 de novembro de 16:30 a 18:00 horas na biblioteca do colexio.

A actividade ten aforo limitado, as familias interesadas deberán apuntarse neste enlace para poder asistir.

Este é o enlace onde podedes anotarvos:

https://forms.gle/Mbfsqoctn5yNqcgu5

Deixámosvos os cartaces por se queredes compartilos e así axudarnos a darlle difusión ao proxecto  Onda Feminista

Saúdos

ANPA FARO

Actividades canceladas e novo procedemento de Altas e Baixas

Bos días

A Federación acaba de pechar o plazo para o inicio de novas actividades. Se a partir de agora hai novas inscripcións, suficientes para acadar o número mínimo de alumnos, o grupo comezaría a partir do seguinte trimestre (xaneiro).


A día de hoxe cancelamos coa Federación:Ritmo1-2-3 Accion!, Patinaxe (para 5º e 6º), English Lab (o grupo de 4º,5º e 6º).


E con Xogos da Amizade:Debuxo e Pintura. No caso de Matematízate, a actividade seguirá impartíndose mentres haxa un mínimo de 2 alumnos.


Alta en actividades.

A partir de agora, para darse de alta nalgunha das actividades da Federación que xa están funcionando (Xogos Ritmicos, Predeporte, Baloncesto, Patinaxe, English Lab) é necesario enviar un mail a inscripcionesprogramaslecer@fedapascoruna.org con copia a anpafaro@hotmail.com. Se se trata dunha destas actividades de Xogos da Amizade: Fun English, Judo, Futbol, Teatro, Badminton, Robotica, Matematizate, é necesario enviar un mail a xogosdaamizade@gmail.com con copia a anpafaro@hotmail.comSegún haxa plazas dispoñibles ou non, se procederá a dar de alta ou a inscripción nunha listaxe de espera.
Será responsabilidade de cada familia informar ós monitores de comedor, ou ós da actividade previa ou posterior, da nova situación do alumno (en caso de ser necesario). Como norma xeral, o plazo para incorporarse á actividade será ó mes seguinte ó da solicitude.
Baixa en Actividades.

As Inscripcións son trimestrais. Durante o mes de decembro, abrirase un prazo por se algunha familia quere darse de baixa nalgunha actividade a partir de xaneiro. Indicaránse os pasos a seguir. Para a baixa nalgunha actividade da Federación antes desa data (Xogos Ritmicos, Predeporte, Baloncesto, Patinaxe, English Lab) é necesario enviar un mail ás direccións inscripcionesprogramaslecer@fedapascoruna.org e anpafaro@hotmail.com indicando o nome do alumno, o curso, e a actividade na que solicita a baixa.Para a baixa nalgunha actividade de Xogos da Amizade antes desa data (Fun English, Judo, Futbol, Teatro, Badminton, Robotica, Matematizate) é necesario enviar un mail ás direccións xogosdaamizade@gmail.com e anpafaro@hotmail.com indicando o nome do alumno, o curso, e a actividade na que solicita a baixa. A empresa valorará cada solicitude.

Un saudo.

A Directiva da ANPA

LISTA DE ESPERA PARA PREDEPORTE

Boas noites,
Debido ó gran número de solicitudes recibidas para a actividade de Predeporte, tívose que pechar a lista por acadar o número máximo de plazas.
Para as familias que seguides interesadas, abrimos este formulario de lista de espera para poder avisarvos en orden, no caso de haber baixas, ou se hai posibilidade de ampliar o grupo.

https://forms.gle/wTY1JhHWynPXncTV7

Un saudo.

A directiva da ANPA.

Inicio das clases de English Lab 123EP o luns 18

Boas noites


O inicio das clases de English Lab, do grupo 123EP (luns e mércores de 17.00 a 18.00), terá lugar o luns 18.

As familias dos nenos que están apuntados actualmente, recibiron un mail de confirmación hai dous días.

Se alguén máis está interesado, podedes inscribiros no formulario da Federación, que está aberto para esta actividade:
https://app.fedapascoruna.org/inscripcioncurso/2021

Un saudo

A Directiva da ANPA

INICIO CLASES PATINAXE MARTES 19

Boas noites.

Unha vez consultadas as familias interesadas na actividade, o novo grupo de patinaxe 1234EP, será os martes e xoves de 16.00 a 17.00. As clases comezarán o martes 19.

As familias dos nenos que están apuntados actualmente, recibiron un mail de confirmación esta tarde.

Se hai alguén máis interesado, enviade un mail ó correo: inscripcionesprogramaslecer@fedapascoruna.org con copia a anpafaro@hotmail.com, indicando o nome e apelidos do alumno, e o curso, para poder tramitar a solicitude.

Un saudo.

A Directiva da ANPA.