INICIO ACTIVIDADES

Boa noite,

Mañá comezamos as actividades extraescolares, esta primeira semana nais e pais que formamos parte da directiva da Anpa, estaremos supervisando que todo se desenvolva axeitadamente. Pero queremos recordarvos algunhas indicacións para un bo funcionamento das actividades extraescolares:

  1. Recordamos que todas as familias deben ser socias da Anpa.
  2. A Anpa non se fará cargo de ningún neno/a que sae de comedor ás 16:00 e non ten actividade ata ás 17:00
  3. Dende esta semana, se hai cambios de algun neno/a de actividade, a familia terá que avisar aos monitores responsables e se a actividade comeza ás 16:00 e sae de comedor, deberá avisar a responsable do servizo para comunicarlle o cambio de actividade.

Agardamos que os nenos e as nenas disfruten moito as actividades.

Un saudo

A Directiva da ANPA