CAMPAÑA DE NATACION ESCOLAR (3º e 4º E.P.)

Boas tardes

O Servizo municipal de Deportes infórmanos que volve poñer en marcha a Campaña de Natación Escolar. As condicións son as seguintes:

  1. A Campaña de Natación Escolar organizada polo Servizo municipal de Deportes, vai dirixida exclusivamente aos escolares do 2º ciclo de Ed. Primaria (3º e 4º curso) de Centros Públicos.
  2. O número de prazas ofertadas é de 25.
  3. A Campaña levarase a cabo na Piscina do Clube do Mar os mércores de 16:30 a 17:15h.
  4. O Servicio Municipal de Deportes, comunica que tentarase manter o horario indicado, podendo haber modificacións segundo as variacións que se poidan producir na matriculación do alumnado.
  5. Tomarase o centro educativo como referencia para a recollida e entrega dos escolares ás familias. O centro garantirá a presenza dun adulto que será o responsable dos alumnos durante o tempo que permanezan na parada.
  6. O custo por alumno é de 47,52€. Esta cota inclue o traslado dende o centro e unha cobertura sanitaria.
  7. A inscrición e pago poderase realizar por orden de chegada, entregando a folla de inscrición nas oficinas do Clube do Mar.
  8. A data prevista de comenzo prevista da Campaña de Natación Escolar será o 15 de novembro.
  9. Nomearase por parte de cada centro un/ha coordinador/a da campaña de natación que será a persoa de referencia á efectos de recibir as notificacións e transmitilas ás familias.
  10. Unha vez feita a inscrición dos alumnos, informarase ao coordinador/a da Campaña de Natación de cada centro, do número de escolares admitidos, así como dos horarios definitivos da actividade

A data límite de inscripción será o 8 de novembro.

Adxuntamos varios documentos coa información relacionada.

Un saudo.

A Directiva da ANPA