ASAMBLEA XERAL ORDINARIA 10/12/2021

Bo día familias;

Este post é para informarvos que despois de dous anos realizaremos a Asemblea Xeral Ordinaria.

Será o vindeiro venres, 10 de decembro ás 16:00 horas en 1ª convocatoria, ás 16:15 en 2ª convocatoria. Será na biblioteca do centro, e para garantir as medidas de seguridade por mor da Covid 19, é necesario que vos inscribades previamente e será necesario o uso da máscara en todo o momento. Soamente poderá asistir unha persoa por familia socia.

Deixamos o enlace para facer a inscrición:  https://forms.gle/RfoUN92se9HjNj1c9

ORDE DO DÍA:

1.- Aprobación da memoria ( técnica e económica do curso 2019/2020)

2.- Aprobación da memoria (técnica e económica do curso 2020/2021)

3.- Aprobación do orzamento 2021/2022

4.- Renovación da Xunta Directiva: eleccións 2022

Animádevos a participar!, é importante para esta Directiva rendir contas do realizado nestes case tres anos e falar  da necesidade de contar con un relevo, xa que moitos e moitas de nos rematamos neste curso escolar, gustaríanos coñecer o interese/dispoñibilidade das familias  para asumir este relevo, queremos facelo de xeito responsable, ordenado e acompañado para que vaiades coñecendo o funcionamento da Anpa.

Moitas grazas!!!

A directiva da Anpa Faro

OBRADOIRO SEGURIDADE EN INTERNET

Bo día familias;

Facémosvos un recordatorio sobre o obradoiro sobre a seguridade en internet, do vindeiro 1  de Decembro en horario de 16:30 a 18:00. Aínda hai prazas dispoñibles.

Vos recordamos que o obradoiro está enfocado a todas as familias do colexio, non soamente as dos cursos mais maiores.

Deixamos  de novo o  enlace no que  realizar a inscrición:

https://forms.gle/SgHcNdCWwLSRr9D69

Moitas grazas

Saúdos

A directiva da Anpa Faro