
Boas noites,
CAMPACOLES 2022 (Prazos)
Preinscrición: 23, 24 e 25 de maio de 2022 na seguinte ligazón:
www.fedapascoruna.org/inscripciones
Listaxe de admitidos: 1 de xuño de 2022. (Publicarase na web municipal, no 010 e na web http://www.fedapascoruna.org )
Inscrición e abono: 8, 9 e 10 de xuño de 2022.
Xestión da listaxe de agarda: do 16 ao 21 de xuño de 2022
Ademáis, a temática dos mesmos xirará en torno a natureza e os catro elementos: terra, auga, lume e aire. “A nai natureza alértanos dos perigos que está a sufrir pola acción do home e poñerlle freo é cousa de todos.
Por iso, este verán nos Campacoles tomaremos conciencia do coidado, protección e conservación do planeta, así como dos seres vivos que forman parte dela.
A nosa misión consistirá en axudar á Fada da Natureza para salvar o Planeta Terra, e para iso primeiro debemos coñecer, valorar e respectar a natureza e os elementos que a forman.
Formaremos brigadas de exploradores que descubrirán e coñecerán as características e a importancia e que teñen os 4 elementos da natureza na vida do home que a manteñen viva: A TERRA, O AIRE, A AUGA E O LUME.”
As actividades que se programan abranguen diferentes áreas de contidos, polo que terán un carácter multidisciplinar, permitindo así realizar actividades moi variadas, dende propostas de animación á lectura, xogos de enxeño, actividade motriz, musicais, teatrais, etc.
Seguiremos informando….
Un saúdo.
A Directiva da ANPA.