
Queridas familias:
Como cada ano, xa temos a listaxe de familias beneficiadas pola subvención de comedor. Este ano para simplificar a operativa, ao igual que o ano pasado, imos facer que Jardanay sexa quen faga a transferencia a cada unha das familias beneficiarias, xa que dispoñen das contas onde se cobraba o servizo o ano pasado.
Se na actualidade non dispoñedes da mesma conta, por favor, antes de rematar as clases o día 22 enviádenos un e-mail a anpafaro@hotmail.com indicando o nome do/a menor usuario/a do servizo e un certificado ou xustificante da entidade bancaria onde aparezan os datos de número de conta e titular onde queredes recibir os cartos da subvención.
Recordade que a transferencia ten un custe, e que cada familia asume o seu e se desconta da cantidade a ingresar, este ano o custe é de será de 1,50€,
Como os anteriores anos, seguimos propondo doar parte deste importe. Dado que os anteriores sistemas de doazón complicaban a xestión, este ano optamos por facer a transferencia a todas as familias beneficiarias, se despois as familias, que vexan que poden e queren facer a doazón, poderan facelo por medio de transferencia devolvendo o importe á conta da ANPA Faro:
ES87 0081 2189 1200 0108 5516 indicando no concepto que se trata dunha doazón. Compre recordar que, moitos nolo preguntades, esta doazón non desgrava no IRPF xa que a ANPA non ten estatus de Utilidade Pública.
Faremos que os fondos de doazón vaian para mellorar as instalacións e servizos do centro educativo e pouco a pouco imos materializando os cambios grazas á vosa contribución en anos anteriores.
Moitas gracias.
A Directiva da ANPA.
Buenas, nosotros matriculamos a la niña en 4º de infantil esta semana, cuando nos podemos hacer socios del anpa? también le solicitamos comedor y beca de comedor, en dónde puedo ver los listados de admitidos? muchas gracias, saludos
Boa tarde:
– Para facerse socio da Anpa, tedes que estar a tentos a este blogue, colgaremos a noticia nas vindeiras semanas.
– Con respecto as bolsas comedor, están xestionadas polo Concello, deixamos o enlace no que podedes consultar as listaxes
https://www.coruna.gal/serviciossociales/es/noticias/detalle-noticias/publicacion-del-listado-de-requerimientos-de-subsanacion-de-beca-comedor-convocatoria-2022-2023/suceso/1453803150365?fbclid=IwAR2H-CXlsfhufMbTB11NufU3OHXuaIbAxPbfsGzRsVqsaDQlL4ZUQehOYkw
IMPORTANTE!! o prazo para a subsanación da documentación é do 14 ao 28 de xuño.
Grazas
Saúdos
Buenas, solo encuentro el listado de solicitudes presentadas y otro listado de requerimientos, pero no veo lista de admitidos…
Boas,
E que ainda non está publicada a de admitidos. Está a de presentadas e as que teñen que subsanar algo.
Unha vez revisadas, suponemos que colgarán as definitivas.
Un saudo.
ah, vale, muchas gracias, pues estaremos atentos. saludos