BOAS NOVAS…¡¡¡¡

Estamos a piques de rematar este curso 2021/22 e parece que a despedida trae de novo a normalidade ao día a día das nenas e nenos no cole.

Desde o equipo directivo do ANPA FARO gustaríamos comunicar antes de rematar este curso unha gran nova da que temos constancia. A Consellería de Educación  xa comezou os trámites de licitación para a instalación dun elevador para persoas no CEIP Victor López Seoane.

Con toda probabilidade, así os comentan, poderemos dispor de el entrado o curso próximo.

O ANPA FARO queremos aplaudir este feito que tan demandado foi pola nosa asociación así como pola Dirección do centro durante tanto tempo.

As necesidades, por desgracia, seguen sendo altas,  pero isto solucionará os problemas do día a día de varios dos nosos nenos e nenas.

Benvidas pois estas futuras acometidas.

A Directiva da ANPA.