
Bos días Familias
Pensabades que vos iades librar de nós tan facilmente???? Para nada…..jaja
Remata o ano escolar, pero xa estamos traballando para afrontar os retos que nos depara o vindeiro curso 2022/2023, que agardamos sexa máis tranquilo que estes dous últimos cursos….
Para iso NECESITAMOS contar convosco, pais en nais das nosas nenas e nenos….para que coa vosa aportación e axuda, poidamos sacar adiante todos os nosos proxectos, tanto os que xa están en curso (Madrugadores, comedor…) coma os que nos xurdan durante o curso (extraescolares, talleres, melloras das instalación, etc.…)
Por iso iniciamos xa a apertura do formulario para darse de alta como socios/as para o vindeiro curso 2023/2023.
O enlace e o seguinte:
FORMULARIO ALTA SOCIOS 2022/2023
e tédelo no apartado ALTA DE SOCIOS, no blogue e máis no espazo lateral. O n⁰ de conta e o de sempre:
ES87-0081-2189-1200-0108-5516
e a cuota non variou:23€.
No hai procedemento presencial, seguimos co proceso ON-LINE, para que vos sexa sinxelo e vos aforre tempo na xestión de alta como socios.
O procedemento é coma o ano pasado. E preciso que contestedes a todos os apartados sinalados con asterisco para poder rematar o envío do formulario, e enviar por email a anpafaro@hotmail.com o xustificante da transferencia coa cota de socio. Unha vez recibido e verificados os datos, confirmaremos a alta por email.
Animádevos a facervos socios. Xuntos poderemos acadar todos os retos que expoñamos para mellorar a convivencia e o dia a dia dos nosos nenos e nenas.
Aproveitamos tamén para facer un chamamento a todos aqueles/as que esteades interesados en colaborar e integrarase dentro da directiva do Anpa. Precisamos axuda para levar a cabo todo isto, e ideas novas que nos axuden a mellorar aínda mais este proxecto.
Todo aquel que o desexe pode contactar connosco no noso email:
anpafaro@hotmail.com
ou no noso nº de móbil/wathsApp:698167733
Agardámosvos.
Un saudo
A Directiva da ANPA
Ingreso cuota socio anpa.Martín Asorey Villaverde
Obtener Outlook para Androidhttps://aka.ms/AAb9ysg ________________________________