Publicación listaxe coa proposta provisional de concesión e denegación de bolsas municipais de comedor para o curso 2022/2023

Bos días.

Onte 11 de xullo de 2022 publicouse no enderezo web do taboleiro de anuncios e edictos do Concello da Coruña, a listaxe provisional de concesión e denegación das solicitudes da convocatoria de bolsas municipais de comedor para o curso 2022-2023. Pódense consultar en:

  • Taboleiro de edictos
  • Páxina web de servizos sociais

https://www.coruna.gal/serviciossociales/es/detalle-contenido/concesion-de-becas-comedor-curso-22-23-propuesta-provisional/suceso/1453806145491

  • Taboleiros dos centros cívicos municipais

Os listados identificarán as solicitudes atendendo ao código de asento de rexistro da solicitude inicial e ao número de expediente asignado.

O prazo para a presentación das alegacións é de 10 días hábiles, do 12 ao 26 de xullo de 2022, ambos incluídos, e poderá presentarse, previa cita (010, citaprevia.coruna.gal), nos rexistros municipais (Praza de María Pita, Fórum Metropolitano, Centro Ágora e Franxa), no rexistro telemático da sede electrónica municipal (https://sede.coruna.gob.es) así como en calquera outro dos previstos no art. 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

Un saudo.

A Directiva da ANPA.

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

A %d blogueros les gusta esto: