A continuación presentamos a proposta de extraescolares para o próximo curso.
Os horarios poden sufrir algunha variación por necesidades de organización ou disponibilidade dos espacios e monitores, e hai que ter en conta que hai que acadar un grupo mínimo de escolares para que saia adiante cada unha delas.
HORARIOS
Educación Infantil

Educación Primaria
No caso de Primaria, os grupos de idades son diferentes segundo cada actividade.
Pode ser: toda primaria (EP), ou únicamente dous ou tres cursos de primaria (123EP por exemplo, estaría dirixido a alumnos de 1º, 2º e 3º).

Ademáis:
Horta: mércores e venres en horario de comedor, grupos 123EP e 456EP (pdte confirmar)
Piscina (34EP): mércores 16.00 a 17.30, se o concello mantén os horarios dos últimos anos.
INSCRIPCIÓN
As actividades extraescolares propostas están agrupadas dentro de:
- propostas de lecer educativo da Federación Provincial de Anpas, en colaboración co Concello da Coruña (en amarelo no horario)
(Baloncesto, Predeporte, Xogos Ritmicos, Teatro para E.Infantil)
- actividades ofertadas a través de empresas privadas.
(Fun English, Judo, Badminton, Robótica, Teatro para E.Primaria, Inglés E.P., Baile Urbano, Debuxo e Pintura, Futbol, Horta)
Horta seguirase a impartir polas mesmas monitoras que os últimos anos.
Debuxo e pintura sairá de novo con Raul Alvarez (https://www.raulalvarezpintura.com ), e judo pasará a impartirse a través do clube de judo Shiai (https://www.facebook.com/judoclubshiai/)
En estudio a viabilidade da actividade de patinaxe, e as idades para as que estaría dirixida.
En próximas datas publicaremos as instruccións para a matriculación en cada un deles.
Para que a inscripción sexa válida, é necesario en primeiro lugar ter cuberto o formulario de inscripción no Anpa Faro e facer o abono da cota de 23€ anuales (por familia).
Boas tardes,
agradecemos a información, pero profundamente decepcionados coa proposta para infantil. E exactamente a mesma que o ano pasado. Nas reunións mostrouse o descontento por “Xogos Rítmicos” e “Fun English”
A pesar diso, os pais que temos que conciliar, estamos coas mesmas propostas e sen opcións posibles.
Entendemos que nin a reunión, nin o cambio de empresa, nin as suxerencias/ demandas na reunión, non serviron para nada.
¿De verdade non hai alternativas para primaria, que non sexa o Inglés que xa fan nas clases, aínda que non sexa xusto o mesmo?
Nada de expresión artística, teatro, música, expresión corporal… tan necesaria a esas idades…
O dito, grazas, pero decepción por falta de alternativas cando hai que conciliar, e falta de alternativas para primaria.
*Correximos
Nos referimos a infantil cando hay que conciliar no horario de 4-5
El lun., 25 jul. 2022 17:41, Xaqueline Carregal xaqueline@gmail.com escribió:
Hola, Xaqueline.
Sorpréndenos o teu comentario.
Na reunión que comentas, saíron varios temas respecto ás actividades de infantil, e tratamos de solucionar cada un deles.
– Fun English: a queixa das familias centrábase nos monitores, e sobre todo na rotación dos mesmos. Foi un problema xa detectado e que levou a finalizar a colaboración coa empresa anterior, e buscar alternativas con outras empresas de ocio, como sabedes.
Non cambiamos o nome da actividade, pero se Serocio cumple os acordos, non deberíamos ter de novo ese problema.
– Xogos Ritmicos: de novo a queixa non está na propia actividade, que fomenta a psicomotricidade e o desenrolo motor dos cativos, senón a falta de comunicación coa monitora deste ano.
Neste sentido enviamos a nosa queixa á Federación de Anpas, de cara a non ter de novo a mesma monitora. Non podemos garantir a decisión da Federación, pero insistiremos de novo a principio de curso para que se teña en conta.
– Teatro: unha solicitude concreta foi a de Teatro para infantil, e aínda que non estaba na proposta inicial, se les a proposta que vimos de publicar, sí está incluida.
Non vemos por tanto que quedara por atender ningún dos puntos tratados ese día.
Saúdos,