
Bo día familias;
Nesta circular, informamos sobre a actividade de piscina que oferta o Servizo de Deportes do Concello de A Coruña, para os nenos e nenas de 3º e 4º de primaria.
Deixámosvos a documentación para que a leades con atención, mais recordamos cuestións importantes:
- O prazo para solicitar esta actividade comeza o día 12 e remata o 23 de setembro.
- A solicitude e o pago hai que facela nas oficinas do Club del Mar
- A actividade terá lugar os mércores polo que comezará o 5 de outubro
Recollida: 16:05, parada bus antes da rotonda en rúa da Igrexa.
Entrega: 17:40, o mesmo co de recollida
- As familias son responsables de acompañar aos seus fillos e fillas na parada ata que chegue o autobús, de igual forma que son as persoas responsables de recoller ao seu fillo/a na parada do bus ao remate da actividade.
Achegamos os documentos para a súa lectura e a ficha de inscrición que tedes que levar cuberta ao Club del Mar
<object class="wp-block-file__embed" data="https://anpafaro.files.wordpress.com/2022/09/condiciones-natacion-escolar-victor-lopez-s..pdf" type="application/pdf" style="width:100%;height:600px" aria-label="Embed of condiciones-natacion-escolar-victor-lopez-s.
condiciones-natacion-escolar-victor-lopez-s.
Descarga\t
condiciones-natacion-escolar-victor-lopez-s.
Descarga\t
Grazas pola atención prestada
Un saudo
A Directiva da ANPA