
Bo día familias, esperamos que teñades pasado unhas boas festas e que teñades un ano 2023 cheo de felicidade.
Neste artigo do blogue queremos comunicarvos o novo protocolo de entradas e saídas das actividades extraescolares, que comezará o vindeiro luns día 9 de xaneiro.
Os nenos e nenas de comedor serán recollidos polos monitores e monitores de cada actividade no pavillón, onde xa estarán colocados por actividade.
Os/as monitores/as irán entón ao PUNTO DE ENCONTRO, situado no patio cuberto (ao lado da porta do comedor), que estará identificado/a co nome da actividade. Os nenos e nenas que veñan da casa, serán entregados polos seus pais e nais ao monitor/a neste lugar.
As familias que non cheguen puntuais ás actividades, serán as encargadas de levar aos seus fillos/as a aula/espazo onde se realice a actividade e asegurarse que é recollido polo monitor/a.
Os nenos e nenas que rematen a actividade ás 17:00 serán entregados as familias de novo no PUNTO DE ENCONTRO (situado no patio cuberto, ao lado da porta de comedor), os nenos e nenas que pasen da actividade das 16:00 ás 17:00 serán entregados polo monitor/a das 16:00 ao monitor/a das 17:00. As familias que entren para a actividade das 17:00, deberán ir ao PUNTO DE ENCONTRO para entregar aos nenos e nenas ao monitor/a correspondente.
As familias que non cheguen puntuais ás actividades, serán as encargadas de levar aos seus fillos/as a aula/espazo onde se realice a actividade e asegurarse que é recollido polo monitor/a.
Ás 18:00 os nenos e nenas serán entregados como se viña facendo ata o de agora, os nenos e nenas que están a desenvolver a súa actividade no pavillón, recolleranse alí, os nenos e nenas que desenvolven as actividades en aulas, no porche.
Esperemos que esta nova forma de proceder, mellore as entradas e saídas das actividades extraescolares, polo que vos pedimos a máxima colaboración para que sexa posible.
Moitas grazas a todas e todos e que teñades un bo inicio de trimestre.
Un saúdo.
A Directiva da ANPA.