NOVO PROTOCOLO DE ENTRADAS E SAÍDAS DAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES.

Bo día familias, esperamos que teñades pasado unhas boas festas e que teñades un ano 2023 cheo de felicidade.

Neste artigo do blogue queremos comunicarvos o novo protocolo de entradas e saídas das actividades extraescolares, que comezará o vindeiro luns día 9 de xaneiro.

Os nenos e nenas de comedor serán recollidos polos monitores e monitores de cada actividade no pavillón, onde xa estarán  colocados por actividade.

Os/as monitores/as irán entón ao PUNTO DE ENCONTRO, situado no patio cuberto (ao  lado da porta do comedor), que estará identificado/a co nome da actividade. Os nenos e nenas que veñan da casa, serán entregados polos seus pais e nais ao monitor/a neste lugar.

As familias que non cheguen puntuais ás actividades, serán as encargadas de levar aos seus fillos/as a aula/espazo onde se realice a actividade e asegurarse que é recollido polo monitor/a.

Os nenos e nenas que rematen a actividade ás 17:00 serán entregados as familias de novo no PUNTO DE ENCONTRO (situado no patio cuberto, ao lado da porta de comedor), os nenos e nenas que pasen da actividade das 16:00 ás 17:00 serán entregados polo monitor/a das 16:00 ao monitor/a das 17:00. As familias que entren para a actividade das 17:00, deberán ir ao PUNTO DE ENCONTRO para entregar aos nenos e nenas ao monitor/a correspondente.

As familias que non cheguen puntuais ás actividades, serán as encargadas de levar aos seus fillos/as a aula/espazo onde se realice a actividade e asegurarse que é recollido polo monitor/a.

Ás 18:00 os nenos e nenas serán entregados como se viña facendo ata o de agora, os nenos e nenas que están a desenvolver a súa actividade no pavillón, recolleranse alí, os nenos e nenas que desenvolven as actividades en aulas, no porche.

Esperemos que esta nova forma de proceder, mellore as entradas e saídas das actividades extraescolares, polo que vos pedimos a máxima colaboración para que sexa posible.

Moitas grazas a todas e todos e que teñades un bo inicio de trimestre.

Un saúdo.

A Directiva da ANPA.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

A %d blogueros les gusta esto: