NOVIDADES MENU 2⁰ TRIMESTRE

Bos días familias.

Queriamos comentarvos os cambios e novidades que incorporamos no menú do segundo trimestre do curso 2022-23 que acabamos de comezar.

1. Iogur natural sen azucre. Imos substituír os iogures naturais azucrados pola versión sen azucre. Así fortalecemos a oferta de lácteos con opcións saudables sen azucres engadidos. Seguiremos ofrecendo tamén os iogures de sabores como ata o de agora.

2. Aumentamos a oferta de proteína vexetal.Incorporamos ao menú un novo prato con base de proteína vexetal, un estofado de garavanzos con chourizo e ovo picado, que servimos cunha ensalada da horta con queixo de primeiro.

3. Novo peixe: a xarda.Dentro do noso esforzo por aumentar a variedade de peixes no menú, imos estrear un novo prato de filetes de xarda ao forno acompañados por patacas e cenoria ao vapor.

4. Novo guiso de porco.Chega ao menú un novo guiso de carne de porco á xardineira, preparado con verduriñas, chícharos e pataca.

5. Fusillis con salmón e arroz á mariñeira.Debido á boa aceptación no primeiro trimestre, imos manter neste segundo a pasta con salmón e verduriñas -aínda que este trimestre ofrecerémola con fusillis- e tamén a nosa salsa mariñeira con pescada e tomate, que este trimestre imos servir con arroz.Esperamos que aos nenos e nenas gústenlles as novidades que lles preparamos con toda a nosa ilusión. Pola nosa banda, continuaremos traballando na innovación e mellora constante das nosas receitas e menús e tamén estaremos atentos á acollida de todos os pratos nos comedores para poder adaptarnos se fosenecesario.

Quedamos á vosa disposición para calquera dúbida ou comentario que queirades trasladarnos.

Un saudo.

A Directiva da ANPA