NOVIDADES MENU 2⁰ TRIMESTRE

Bos días familias.

Queriamos comentarvos os cambios e novidades que incorporamos no menú do segundo trimestre do curso 2022-23 que acabamos de comezar.

1. Iogur natural sen azucre. Imos substituír os iogures naturais azucrados pola versión sen azucre. Así fortalecemos a oferta de lácteos con opcións saudables sen azucres engadidos. Seguiremos ofrecendo tamén os iogures de sabores como ata o de agora.

2. Aumentamos a oferta de proteína vexetal.Incorporamos ao menú un novo prato con base de proteína vexetal, un estofado de garavanzos con chourizo e ovo picado, que servimos cunha ensalada da horta con queixo de primeiro.

3. Novo peixe: a xarda.Dentro do noso esforzo por aumentar a variedade de peixes no menú, imos estrear un novo prato de filetes de xarda ao forno acompañados por patacas e cenoria ao vapor.

4. Novo guiso de porco.Chega ao menú un novo guiso de carne de porco á xardineira, preparado con verduriñas, chícharos e pataca.

5. Fusillis con salmón e arroz á mariñeira.Debido á boa aceptación no primeiro trimestre, imos manter neste segundo a pasta con salmón e verduriñas -aínda que este trimestre ofrecerémola con fusillis- e tamén a nosa salsa mariñeira con pescada e tomate, que este trimestre imos servir con arroz.Esperamos que aos nenos e nenas gústenlles as novidades que lles preparamos con toda a nosa ilusión. Pola nosa banda, continuaremos traballando na innovación e mellora constante das nosas receitas e menús e tamén estaremos atentos á acollida de todos os pratos nos comedores para poder adaptarnos se fosenecesario.

Quedamos á vosa disposición para calquera dúbida ou comentario que queirades trasladarnos.

Un saudo.

A Directiva da ANPA

Advertisement

3 opiniones sobre “NOVIDADES MENU 2⁰ TRIMESTRE”

  1. Hola buenos días,soy la mamá de Héctor y Hugo Amaya, estos días los niños están diciendo que la comida se está sirviendo o que les llega un fría, y comentándolo con otras mamás coincidimos en lo mismo,sería bueno que se revisará ese tema ya que estos días con el frio que hace apetece comer calentito .
    Cualquier cosa quedo a vuestra disposición,,,
    Un saludo

  2. Bo día
    Antes de nada, agradecerche que te poñas en contacto con nós para facernos chegar todas aquelas cuestións relacionadas cos servizos que xestiona a Anpa.
    Hoxe mesmo (esta mañá), temos unha xuntanza con Jardanay, a empresa que xestiona o servizo do comedor na que imos a abordar esta cuestión. As primeiras queixas que temos sobre isto, foron da semana pasada e enseguida quixemos falar coa empresa, non eramos coñecedores de que isto xa pasaba no 1º trimestre. É importante, que cando haxa algunha cuestión que estea impedindo o bo desenvolvemento do servizo se nos faga chegar canto antes, para poder solucionalo.

    De novo, grazas polamtua opinion, faise necesario saber estas cuestións, para poder melloralas.

  3. Buenos días, me podéis recordar como se entraba a Jardanay para ver los menús??

    Creo que me he olvidado de claves

    Muchas Gracias

    Un Saludo

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

A %d blogueros les gusta esto: