ASEMBLEA XERAL ORDINARIA 10/03/2023

Bo día familias,

Este post é para informarvos que realizaremos a Asemblea Xeral Ordinaria, será o vindeiro día 10 de marzo ás 16:00 horas en 1º convocatoria, ás 16:15 en 2ª convocatoria. Desenvolverase a xuntanza na biblioteca do centro. Rogamos puntualidade a os asistentes.

ORDE DO DÍA:

1.- Aprobación da memoria técnica e económica do curso 2021/2022

2.- Aprobación do orzamento 2022/2023

3.- Subvención de comedor 2021/2022

4.- Renovación da Xunta Directiva: se hai xente interesada en formar parte da nova Xunta Directiva que se poña en contacto a través do teléfono (698167733 ) ou email da ANPA (anpafaro@hotmail.com)

5.- Rogos e preguntas

Esperamos a vosa asistencia!!!!

Un saudo.

A Directiva da ANPA

NOVOS XOGOS PARA O PATIO

Ola, familias.
Como sabedes, dende a Anpa Faro levamos varios anos fomentando a igualdade entre sexos mediante obradoiros e talleres (tanto para pais como para alumnos), e queremos completar estas iniciativas promocionando xogos inclusivos nos patios.
Con este fin, e en colaboración coa Diputación da Coruña (FO204/2022), vimos de adquirir materiais de xogo de exterior:


Todo isto compleméntase co resto do material (raquetas e redes, balons de diferentes deportes, colchonetas, etc) xa comentado nunha noticia anterior, e tamén coa labor de pintado de xogos levada a cabo hai varios meses nos patios (mariolas, xogo das catro esquinas, pista de brilé, circuitos).
Desta forma, queremos poñer a disposición da rapazada novas opcións de xogo máis aló do futbol, intentando que cada un deles atope o seu espacio e os seus compañeiros de xogo.
Comezaremos pouco a pouco cos nen@s usuarios de comedor, e gradualmente por cursos, a medida que podamos ir organizando o acceso ó material, xunto cos monitores.

Esperamos conseguir entre todos, un patio no que ninguén se sinta excluido.

DIA DE ROSALÍA NO COMEDOR

Ola, familias.

Dende Jardanay quixeron conmemorar onte xoves 23 o nacemento de Rosalía de Castro, unha muller referente para a nosa terra e a nosa literatura, con varias actividades nos seus comedores. A continuación vos explicamos cómo o levaron a cabo:

“Por unha banda, unímonos á iniciativa “Caldo de Gloria”, posta en marcha pola Fundacion Rosalía de Castro, que promove que establecementos de restauración, xa sexan restaurantes ou comedores colectivos como os nosos e vosos, homenaxeen á autora servindo o caldo galego que ela mesma describiu no seu poema “Miña casiña meu lar”, incluído no libro Follas Novas.

Trátase dun poema precioso, no que unha muller de poucos recursos narra un momento difícil da súa vida diaria, cando chega a casa con fame e frío e, a pesar de que non ten case nada para comer e de non poder contar con axuda dos seus veciños, consegue prepararse un humilde caldo de gloria e un bolo de pote que lle reconforta enormemente. Con algo tan sinxelo, Rosalía consegue reflectir como só ela sabe a capacidade do ser humano de sobrevivir e de ser feliz sen ter demasiado, tan só cun prato humilde e a calor do fogar.

É por isto que o xoves 23 de febreiro, en todos os comedores de Jardanay e servizos que damos incluiremos o “Caldo de Gloria” no noso menú, que no noso caso prepararemos con repolo como verdura. Serán unhas 7.500 racións de caldo en total 🙂 O resto do menú mantense sen cambios con relación ao planificado.

No seguinte link (https://rosalia.gal/que-facemos/proxectos/caldo-de-gloria/) podedes ampliar información sobre o “Caldo de Gloria” da Fundación. Como parte do proxecto, repartiremos entre os/as comensais os manteis conmemorativos da iniciativa, onde poderemos ler o poema enteiro.

Nos comedores escolares completaremos o día explicando aos nenos e nenas a iniciativa e como unha receita tan sinxela e típica de Galicia converteuse en poema. Tamén poñeremos en marcha a actividade “As miñas receitas favoritas”, no que o alumnado poderá aprender sobre ingredientes, alimentos, preparacións e tamén sobre o poder da alimentación tanto para a saúde como para o corazón.”


Agardamos que os nenos teñan disfrutado co día.

Un saúdo.

A Directiva da ANPA

NOVO MATERIAL DA ANPA SUBVENCIONADO POLA DEPUTACION DA CORUÑA

Ola, familias.
Alégranos compartir convosco os detalles sobre o novo material adquirido desde a Anpa, en colaboración coa Deputación da Coruña (FO204/2022):

  • colchonetas
  • redes e raquetas de bádminton
  • canastras portátiles
  • balons de baloncesto, voleibol, balonmán

Os alumnos de judo levan xa varias semanas gozando das colchonetas, que permitiron ampliar o tamaño do tatami:


Dispoñer de máis redes tamén favorece o ritmo das clases de badminton:

E as novas canastras permiten disputar partidos en cancha completa:

Este material está ademais dispoñible na hora de comedor, e para o resto de actividades deportivas desenvolvidas no centro.

Seguiremos informándovos de todas as novidades…

Un saúdo,

A directiva da Anpa.

FÚTBOL E HOCKEI A PATINS NO VICTOR LÓPEZ SEOANE

Bos días familias…

Dende hai unhas semanas, dúas entidades deportivas están a facer uso do pavillón do centro, unha vez rematan as actividades extraescolares.
Estas novas actividades son xestionadas únicamente polos dous respectivos clubes, e son alleas á Anpa e ó propio centro, pero pensamos que poden ser do voso interese:

Iniciación ó Hockey sobre patins
(Club Borbolla)

Mércores e Venres de 18:00 a 19:00

Escola de fútbol
(Club Torre S.D)

Martes e Xoves de 18:00 a 19:00

Vos deixamos a información; se estades interesados en apuntar ós vosos fillos, debedes poñervos en contacto cos equipos, nos teléfonos indicados.

Un saudo.

A Directiva da ANPA.