NOVOS XOGOS PARA O PATIO

Ola, familias.
Como sabedes, dende a Anpa Faro levamos varios anos fomentando a igualdade entre sexos mediante obradoiros e talleres (tanto para pais como para alumnos), e queremos completar estas iniciativas promocionando xogos inclusivos nos patios.
Con este fin, e en colaboración coa Diputación da Coruña (FO204/2022), vimos de adquirir materiais de xogo de exterior:


Todo isto compleméntase co resto do material (raquetas e redes, balons de diferentes deportes, colchonetas, etc) xa comentado nunha noticia anterior, e tamén coa labor de pintado de xogos levada a cabo hai varios meses nos patios (mariolas, xogo das catro esquinas, pista de brilé, circuitos).
Desta forma, queremos poñer a disposición da rapazada novas opcións de xogo máis aló do futbol, intentando que cada un deles atope o seu espacio e os seus compañeiros de xogo.
Comezaremos pouco a pouco cos nen@s usuarios de comedor, e gradualmente por cursos, a medida que podamos ir organizando o acceso ó material, xunto cos monitores.

Esperamos conseguir entre todos, un patio no que ninguén se sinta excluido.

Un comentario en “NOVOS XOGOS PARA O PATIO”

  1. Que ben! Moitas grazas polo voso traballo. Penso que facia falta xa que, a lo menos a sensación de algún neno, pero especialmente as nenas do meu redor, levan tempo comentando que non teñen moito espazo para xogar xa que maioritariamente está ocupado polo fútbol.

    Aproveito a ocasión para preguntarvos se tedes en mente facer algunha reunión coas familias.

    Grazas de anteman pola vosa atención.

    Saúdos, Esther.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

A %d blogueros les gusta esto: