NOVO MENÚ MADRUGADORES

Boas familias,

á volta das vacacións de Semana Santa, Jardanay porá en marcha o novo menú para o servizo de madrugadores. Agardamos que as familias esteades satisfeitas con esta nova proposta. Aproveitamos para desexarvos unhas felices vacacións.

Un saudo.

A Directiva da ANPA.

BOLSAS COMEDOR PARA O CURSO ESCOLAR 2023/24

Boas tardes.

Publicouse no Boletín Oficial da Provincia a convocatoria de bolsas comedor para o curso escolar 2023/2024.

O prazo para a solicitude das bolsas de comedores escolares irá desde o día 13 de marzo ata o 12 de abril, ambos os días incluídos.

A solicitude específica, os anexos e o resto de documentación esixida na convocatoria poderán presentarse, previa cita, nos rexistros municipais (praza de María Pita, Franxa, Fórum Metropolitano, Centro Ágora e do CCM Mesoiro), no rexistro telemático da sede electrónica municipal, así como en calquera outro dos previstos no art. 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas entre o día 13 de marzo e 12 de abril de 2023.

A solicitude de cita pode facerse por Internet: Cita previa

Pode solicitar tamén a cita no número de teléfono 010

Os impresos estarán dispoñibles nas oficinas de todos os rexistros municipais, nos centros cívicos municipais, nesta mesma web e na sede electrónica.

A solicitude realizarase a nome da persoa beneficiaria (alumna/o), e debe asinar a solicitude a persoa que represente legalmente á alumna ou alumno, no caso de que sexa menor de idade.

O trámite completo, cos anexos que hai que presentar, atópase nesta ligazón: Bolsas comedor

Todas as listaxes obxecto de publicación (requirimento de corrección, listaxe provisional …) identificarán a solicitude do alumnado atendendo ao código do seu expediente individual.

Ademais, para facilitar a presentación de solicitudes e a resolución de dúbidas sobre a convocatoria, realizaranse sesións informativas nalgúns centros cívicos municipais, abertas ao público. Para ditas sesións non será necesaria realizar inscrición previa e serán nas seguintes datas:

15 de marzo: 11.30 H CCM MONTE ALTO

16 de marzo: 20.00 H CCM MESOIRO

17 de marzo: 16.00 H CCM MONELOS

20 de marzo: 16.00 H CCM ROSALES

21 de marzo: 10.00 H CCM SAN DIEGO

23 de marzo: 18.00 H CCM MALLOS

24 de marzo: 10.00 H CCM PESCADORES

Un saudo

A Directiva da ANPA.

ESTREAMOS MESAS NO COMEDOR

Boas noites….

Seguindo co noso propósito de mellorar o espazo no que comen os noso fillos/as, mercáronse unhas mesas novas para substituír as que ulilizaban o nenos e nenas de Educación infantil.

Con este cambio, pasan a ter bancos en vez de cadeiras,  permitindo así que sexa máis sinxelo e cómodo para levantarse e favorecendo así  a súa autonomía.

Seguimos traballando para seguir mellorando o noso centro.

Un saudo

A Directiva da ANPA

CAMBIO MENÚ XOVES 2 DE MARZO

Bos días.

Achegámosvos nota recibida dende Jardanay referente ao menú de hoxe:

Os escribimos para comentaros un cambio en el menú de hoy jueves 2 de marzo que afecta al segundo plato que teníamos previsto (filetes de caballa al horno). Debido a la escasez de caballa en el mercado, a pesar de estar en temporada, hemos tenido que sustituirla por lomitos de borriquete, que preparamos en salsa y acompañados de patata y zanahoria al horno.

El menú de hoy jueves queda así:

Primer plato: ensalada italiana.

Segundo plato: lomitos de borriquete en salsa con patata y zanahoria al horno. 

Postre: fruta

¡Disculpad las molestias!

Un saudo

A Directiva da ANPA