CAMPAMENTOS VERÁN XUNTA GALICIA

Bos días familias.

O vindeiro día 2 de maio acaba o prazo para incribirse nos campamentos da Xunta de Galicia, están destinados a nenos e nenas entre os 9 e os 18 anos. Neste link, está toda a información, http://xuventude.xunta.es/accion-de-veran

Un saúdo.

A Directiva da ANPA

AMPLIACION EXTRAESCOLARES MES DE XUÑO (II)

Boas tardes

O pasado día comunicabamosvos que dende Serocio os enviarían un email preguntandovos se queriades ampliar as actividades durante o mes de Junio.

Pregámosvos que respostedes para analizar se hai interese en ampliar o servizo durante ese mes ou non.

A dirección onde debedes repostar é a seguinte:

actividades.serocio@gmail.com

Asunto: CEIP Victor Lopez Seoane Extraescolares Xuño.

Un saudo

A Directiva da ANPA

ASAMBLEA EXTRAORDINARIA DÍA 5 DE MAIO DE 2023

Bo día familias,
Este post é para informarvos que realizaremos unha Asemblea extraordinaria o vindeiro día 5 de maio ás 16:00 horas en 1º convocatoria, ás 16:15 en 2ª convocatoria.

ORDE DO DÍA:

1.- Renovación cargos directivos
2.- Aprobación da subida da cota de 23 euros a 25 euros por familia dende o vindeiro curso escolar 2023/2024
3.- Rogos e preguntas

Agardamos a vosa asistencia.

Un saúdo.

A Directiva da ANPA.

AMPLIACION EXTRAESCOLARES MES DE XUÑO

Boas, familias!!!
Nos vindeiros días recibiredes un correo electrónico de Serocio, empresa que leva as actividades de martes e xoves (fun english, badminton, robótica e judo) , mercores(horta), venres (horta, debuxo e pintura, fútbol e teatro) solicitando a vosa confirmación sobre a asistencia dos vosos fill@s ás extraescolares impartidas ata o próximo 21 de xuño (novedade este curso), xa que se hai moitas baixas para ese mes non se impartirían estas actividades. A cuota sería a mesma que a de meses anteriores. É importante a vosa colaboración para unha millor planificación das extraescolares nese mes.
Moitas grazas
A Directiva da Anpa