PROGRAMA CÓXEGAS

Boas tardes familias.

Un ano mais a Federacion de ANPAS volve a ofertar o seu programa de conciliación CÓXEGAS que se desenvolverá no mes de xuño dende o xoves día 1 ate o mércores 21, de luns a venres, en horario de 16 a 17 ou de 16 a 18h, segundo demanda.

DESTINATARIOS DO PROGRAMA. Escolares de idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos, matriculados en colexios públicos do concello de A Coruña.

A oferta de actividades plantéxase en función dos seguintes tramos de idade:

Educación Infantil (4º, 5º e 6º curso)

Educación Primaria (de 1º a 6º curso).

RATIO. Mínimo 10 escolares por tramo de idade para formar grupo. A partir de 20, desdoblarase o grupo.

HORARIO. De luns a venres, das 16:00 as 18:00 h.

O horario de asistencia neste programa será o elexido por cada participante no formulario de inscrición.

Neste programa non se contempla a posibilidade da entrada á actividade ás 17:00.h aínda que sí se podería sair a dita hora sempre e cando o participante teña marcada a opción de 16 a 17h. na inscrición.

PRAZO DE INSCRICIÓNDo 3 ao 7 de maio en www.fedapascoruna.org/inscripciones

CUSTO DO PROGRAMA: 15 €/participante (ademáis de 4€ en concepto de seguro de accidentes para os escolares que non fosen participantes de algunha das actividades xestionadas pola Federación ao longo do curso)

Seguiremos informando.

Un saudo

A Directiva da ANPA.

XORNADAS PLAN DIRECTOR PARA A CONVIVENCIA E MELLORA DA SEGURIDADE NOS CENTROS EDUCATIVOS E AS SÚAS CONTORNAS

Boas tardes

O sábado día 6 de maio, no Edif. Multiusos da Senra do Concello de Bergondo, organizarase unha xornada sobre o plan director para a convivencia e mellora da seguridade nos centros educativos, dirixido ás familias pertencentes ás ANPAS Federadas da Federación Provincial de ANPAS de Centros Públicos de A Coruña e aos Equipos Directivos dos seus Colexios.

PROGRAMA:

9:45 h.: Recepción de asistentes.

10:00 h.: Benvida da Alcaldesa de Bergondo Dna. Alejandra Pérez Máquez.

10:15 h.: Presentación do Plan Director por Dna. María Rivas López.

               Subdelegada do Goberno en A Coruña.

RELATORES:

10:30 h.: D. José Alfeirán Rodríguez. Alto Inspector de Educación de Galicia.

10:45 h.: D. Antonio Rial Boubeta. Profesor da Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago. “Adolescentes, adicciones, salud y convivencia. ¿Quién le pone el cascabel al gato?”

11:45-12:00 h.  Pausa/café

12:00 h.: D. Sergio García Vázquez. Cabo Guardia Civil. Formador do Plan Director da Comandancia da Coruña. “Acoso escolar y empatía. Influencia de redes sociales en la adolescencia”

13:00 h.: D. Alberto Arias Álvarez. Inspector. Delegado de Participación Cidadá da Coruña. “Las preguntas más recurrentes en las charlas policiales y sus respuestas menos polémicas”.

14:00 H.: Clausura Mª José Ferreño Precedo. Presidenta da Federación Provincial de ANPAs de Centros Públicos da Coruña.

Facilitámosvos ligazón para que formalicedes a inscrición, que rematará o día 4 de maio.. Seguiráse a listaxe de inscrición ata completar aforo.

Inscríbete AQUÍ

Un saudo

A Directiva da ANPA