PROGRAMA CÓXEGAS

Boas tardes familias.

Un ano mais a Federacion de ANPAS volve a ofertar o seu programa de conciliación CÓXEGAS que se desenvolverá no mes de xuño dende o xoves día 1 ate o mércores 21, de luns a venres, en horario de 16 a 17 ou de 16 a 18h, segundo demanda.

DESTINATARIOS DO PROGRAMA. Escolares de idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos, matriculados en colexios públicos do concello de A Coruña.

A oferta de actividades plantéxase en función dos seguintes tramos de idade:

Educación Infantil (4º, 5º e 6º curso)

Educación Primaria (de 1º a 6º curso).

RATIO. Mínimo 10 escolares por tramo de idade para formar grupo. A partir de 20, desdoblarase o grupo.

HORARIO. De luns a venres, das 16:00 as 18:00 h.

O horario de asistencia neste programa será o elexido por cada participante no formulario de inscrición.

Neste programa non se contempla a posibilidade da entrada á actividade ás 17:00.h aínda que sí se podería sair a dita hora sempre e cando o participante teña marcada a opción de 16 a 17h. na inscrición.

PRAZO DE INSCRICIÓNDo 3 ao 7 de maio en www.fedapascoruna.org/inscripciones

CUSTO DO PROGRAMA: 15 €/participante (ademáis de 4€ en concepto de seguro de accidentes para os escolares que non fosen participantes de algunha das actividades xestionadas pola Federación ao longo do curso)

Seguiremos informando.

Un saudo

A Directiva da ANPA.

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

A %d blogueros les gusta esto: